Repositorio UVigo

Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral : Vigo, 13-15 de xuño de 2018

Investigo Repository

Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral : Vigo, 13-15 de xuño de 2018

Varios
 
DATE : 2018
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1051
UNESCO SUBJECT : 57 Lingüística
DOCUMENT TYPE : book

ABSTRACT :

O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018), celebrado na Universidade de Vigo en xuño de 2018, tivo como un dos seus obxectivos identificar as liñas de investigación, as perspectivas teóricas e os deseños metodolóxicos polos que transcorre a lingüística actual. O programa sobre o que se desenvolveu o evento logrou congregar un relevante número de achegas de persoas procedentes de xeografías moi diversas, en forma de pósteres, comunicacións, conferencias plenarias e paneis temáticos. Este libro de Actas que agora presentamos recolle unha parte substancial dos textos presentados no CILX2018. Queremos das as grazas a todas as persoas que enviaron a súa contribución, no formato e no prazo previamente establecidos para podermos poñer á vosa disposición o resultado final neste volume. Precisamente, entendemos que o formato no que se publican estas Actas supón unha primeira oportunidade de visualizar os resultados das múltiples investigacións que se están desenvolvendo no eido da lingüística, o que non impide que se poidan publicar versións ampliadas destes ... [+]
O XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral (CILX2018), celebrado na Universidade de Vigo en xuño de 2018, tivo como un dos seus obxectivos identificar as liñas de investigación, as perspectivas teóricas e os deseños metodolóxicos polos que transcorre a lingüística actual. O programa sobre o que se desenvolveu o evento logrou congregar un relevante número de achegas de persoas procedentes de xeografías moi diversas, en forma de pósteres, comunicacións, conferencias plenarias e paneis temáticos. Este libro de Actas que agora presentamos recolle unha parte substancial dos textos presentados no CILX2018. Queremos das as grazas a todas as persoas que enviaron a súa contribución, no formato e no prazo previamente establecidos para podermos poñer á vosa disposición o resultado final neste volume. Precisamente, entendemos que o formato no que se publican estas Actas supón unha primeira oportunidade de visualizar os resultados das múltiples investigacións que se están desenvolvendo no eido da lingüística, o que non impide que se poidan publicar versións ampliadas destes textos noutros formatos e lugares. Desde a organización do CILX2018 desexamos manifestar a nosa enorme satisfacción polo resultado acadado. O esforzo de todas e todos vós enaltece este volume, que agardamos que sexa un instrumento útil para continuar coa reflexión, o debate e a discusión académica sobre as angueiras da lingüística actual. Para favorecer a súa divulgación, o documento tamén está accesíbel no sitio electrónico do CILX2018 (cilx2018.uvigo.gal) a disposición de toda persoa que queira consultalo e descargalo. [-]

Show full item record



Files in this item

2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001