Repositorio UVigo

A obriga do contratista público de indemnizar por danos a terceiros : análise, fundamentos e crítica nos diferentes niveis institucionais do estado complexo, con especial referencia ao nivel xudicial

Investigo Repository

A obriga do contratista público de indemnizar por danos a terceiros : análise, fundamentos e crítica nos diferentes niveis institucionais do estado complexo, con especial referencia ao nivel xudicial

Parajó Calvo, Margarita
 
DATE : 2015-12-14
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1069
UNESCO SUBJECT : 5909 Administración Pública
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

O Dereito positivo recolle a obrigación do contratista público de indemnizar os danos que sufran os terceiros, pero na práctica esta regra non é pacíficamente aplicada. Para analizar esta complexa realidade realízase unha análise nos diferentes niveis institucionais, atendendo á organización territorial do Estado e reflectindo particularmente a situación en Galicia. Unha vez encadrado o obxecto de estudo, analízase a cuestión a nivel lexislativo dende unha perspectiva evolutiva e descentralizada, con referencia ás especialidades que recollen os ordenamentos xurídicos autonómicos e, nun segundo nivel, continúase cunha síntese das posicións adoptadas pola doutrina científica. O traballo céntrase, con todo, no estudo da xurisprudencia nesta materia, fundamentalmente do contencioso-administrativo, pois é a xurisprudencia a que, en última instancia, determina o alcance real das normas e dá acollida ou rexeita as diferentes liñas de pensamento; por iso é polo que se realiza unha análise das sentenzas ditadas polos diferentes órganos xudiciais: Tribunal Supremo, Audiencia Nacional e ... [+]
O Dereito positivo recolle a obrigación do contratista público de indemnizar os danos que sufran os terceiros, pero na práctica esta regra non é pacíficamente aplicada. Para analizar esta complexa realidade realízase unha análise nos diferentes niveis institucionais, atendendo á organización territorial do Estado e reflectindo particularmente a situación en Galicia. Unha vez encadrado o obxecto de estudo, analízase a cuestión a nivel lexislativo dende unha perspectiva evolutiva e descentralizada, con referencia ás especialidades que recollen os ordenamentos xurídicos autonómicos e, nun segundo nivel, continúase cunha síntese das posicións adoptadas pola doutrina científica. O traballo céntrase, con todo, no estudo da xurisprudencia nesta materia, fundamentalmente do contencioso-administrativo, pois é a xurisprudencia a que, en última instancia, determina o alcance real das normas e dá acollida ou rexeita as diferentes liñas de pensamento; por iso é polo que se realiza unha análise das sentenzas ditadas polos diferentes órganos xudiciais: Tribunal Supremo, Audiencia Nacional e Tribunais Superiores das diferentes Comunidades Autónomas. Estúdase a xurisprudencia recaída nesta materia, tomando un corpus de tres mil sentencias ditadas nun lapso temporal superior a unha década. Así mesmo, aténdese tamén ao nivel da Administración Consultiva, á doutrina elaborada polo Consello de Estado e á dos diferentes órganos consultivos autonómicos. Desta análise multinivel e descentralizado resultan unha serie de títulos de imputación que se expoñen atendendo, en primeiro lugar, a aqueles en que legalmente se funda a responsabilidade da Administración, para logo tratar de sistematizar aqueloutros supostos de imputación de creación xurisprudencial e doctrinal, e que en ocasións converten en excepción a regra xeral de que o deber de indemnizar os danos a terceiros que se produzan durante a execución do contrato corresponde ao contratista público, que non se converte en irresponsable como consecuencia do suxeito para o que realiza o traballo que constitúe o seu obxecto social. Isto condúcenos a unha reflexión sobre o réxime administrativo ou civil da responsabilidade á que quedará suxeito o contratista e as súas teóricas diferenzas, sen que resulte indiferente a fase de execución en que se atopa o contrato. Analízanse, en fin, as vías de reclamación, a súa correspondente tramitación das reclamacións e o seu posterior control xudicial. Ao final expoñemos as conclusións alcanzadas, que pasan por ultimar a tendencia á unificación de réxime e procedemento dentro do Dereito administrativo baixo o control da xurisdición contenciosa como camiño que garante unha rápida resposta fronte ao cidadán e, ao mesmo tempo, responsabiliza ao contratista e permite á Administración velar pola indemnidad patrimonial dos cidadáns e pola correcta execución do contrato. Con iso, centralízase o control xudicial nunha única orde, o contencioso-administrativo, para acabar coa peregrinaxe de xurisdicións ou coa xurisprudencia que aprecia contra legem a responsabilidade directa da Administración. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001