Repositorio UVigo

Estudo sobre a formación do profesorado de Educación Secundaria para o desempeño da acción titorial : implicacións para o deseño dun programa formativo.

Investigo Repository

Estudo sobre a formación do profesorado de Educación Secundaria para o desempeño da acción titorial : implicacións para o deseño dun programa formativo.

Calleja Barcia, Iria
 
DATE : 2019-08-26
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1323
UNESCO SUBJECT : 5803.02 Preparación de Profesores ; 5803.01 Carreras y Categoría del Profesorado
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

O problema de investigación abordado neste traballo responde á necesidade de actualización do coñecemento que se posúe sobre a acción dos titores e titoras na etapa da Educación Secundaria na Comunidade Autónoma de Galicia e sobre a formación precisa para desenvolvela. Así, se ben existen investigacións sobre a primeira das temáticas (Sobrado, 2007), non están exclusivamente centradas na Secundaria e non abordan a formación continuada como eixo temático da investigación. Por ese motivo, foi deseñada e avaliada en canto ás súas propiedades psicométricas, a escala EAFAT (Escala de Avaliación da Formación e Acción Titorial). A importancia desta investigación radica na actualización que das competencias docentes estase a producir no entorno educativo europeo e noutros sistemas educativos (Consello de Europa 2005; 2009; OECD 2009, 2013, 2014-15). Así, son moitos os autores (Day, 2005; Tiana Ferrer, 2016; Alsina, 2016; Senent, 2016) os que opinan que esta actualización debe ser aplicada á formación inicial e continuada do profesorado de Secundaria, de xeito que pódase responder de forma ... [+]
O problema de investigación abordado neste traballo responde á necesidade de actualización do coñecemento que se posúe sobre a acción dos titores e titoras na etapa da Educación Secundaria na Comunidade Autónoma de Galicia e sobre a formación precisa para desenvolvela. Así, se ben existen investigacións sobre a primeira das temáticas (Sobrado, 2007), non están exclusivamente centradas na Secundaria e non abordan a formación continuada como eixo temático da investigación. Por ese motivo, foi deseñada e avaliada en canto ás súas propiedades psicométricas, a escala EAFAT (Escala de Avaliación da Formación e Acción Titorial). A importancia desta investigación radica na actualización que das competencias docentes estase a producir no entorno educativo europeo e noutros sistemas educativos (Consello de Europa 2005; 2009; OECD 2009, 2013, 2014-15). Así, son moitos os autores (Day, 2005; Tiana Ferrer, 2016; Alsina, 2016; Senent, 2016) os que opinan que esta actualización debe ser aplicada á formación inicial e continuada do profesorado de Secundaria, de xeito que pódase responder de forma efectiva ás necesidades dun mundo complexo e cambiante. Así, estúdase a titoría na etapa de Secundaria no primeiro capítulo deste traballo, desde un marco supranacional, nacional e autonómico, destacando a regulación normativa dos tres niveis de concreción curricular que a afectan. Posteriormente faise unha descrición histórica e epistemolóxica da acción titorial e orientadora do profesorado, incluíndo non so a etapa de Secundaria senón toda a educación obrigatoria. Destácase neste capítulo como atopouse, mediante a revisión bibliográfica dos Plans de Acción Tutoriais existentes en aberto na rede, que a maioría dos centros educativos incumplen a normativa de redacción deste importante documento de centro, non detectan necesidades específicas e non traballan a titoría en base a elas. Outra achega contida neste capítulo refírese a distinta abordaxe que os estados europeos fan do traballo transversal e da educación en valores, axustada ós diferentes contextos sociais e por tanto, ás diferentes necesidades específicas estatais. No segundo capítulo, o do marco empírico, comézase por describir o problema de estudo e os obxectivos e hipóteses da investigación. O principal obxectivo e o da descrición do perfil formativo e competencial práctico do profesorado titor que exerce na etapa de Secundaria en Galicia, para o que emprégase un deseño bimetódico, que inclúe tanto unha aproximación cualitativa como cuantitativa. Logo dun apartado dedicado á sistematización e a análise da validez e fiabilidade da ferramenta creada ad hoc analízanse as aportacións do grupo de discusión e os resultados do estudo piloto realizado para probar a escala de medición. Máis adiante, estúdase de xeito práctico a través da análise descritiva, inferencial e correlacional, o perfil formativo en canto a formación inicial e continua do profesorado galego de Secundaria para o exercicio titor, a través da formación posuída, desexada e a comparación entre ambas, así como das vantaxes que a formación continuada supón para o profesorado e as fontes de dificultade atopadas no acceso á formación. Estúdase así mesmo o desempeño práctico da titoría na etapa, facendo énfase nas variables de competencias e calidades persoais e profesionais precisas para o exercicio titor, as fontes de dificultade e de satisfacción, así como sobre o nivel xeral de satisfacción. Neste sentido, e segundo fora hipotetizado, foron atopadas dificultades importantes para o profesorado no exercicio da titoría, a xuízo do profesorado. Demóstrase a existencia de carencias formativas relacionadas ca acción titorial, tanto no ámbito da orientación académica e profesional, como do traballo de educación en valores a xuízo do profesorado. Porén, o desexo de recibir formación para subsanar estas carencias existe, malia que en certas temáticas (educación afectivo-sexual, prevención dos comportamentos adictivos, redacción e revisión dos documentos de centro e mellora das relacións con alumnado e familias). A función titora atópase influenciada por características persoais, sociais e profesionais do profesorado, en concreto pola provincia e tipo de centro nos que este exerce, polo seu exercicio titor e a inserción de contido titorial nas materias específicas, polas súa habilitación posuída para o exercicio docente, pola experiencia docente e pola formación permanente realizada no último sexenio.Atópanse diferenzas significativas entre a formación desexada e a posuída, sendo sempre a segunda maior que a primeira. Confírmase así mesmo que existen diferenzas significativas entre a valoración da importancia das tarefas titoriais e o desempeño real das mesmas. Por último, proponse un programa formativo específico para titores e titoras de Secundaria, a través de tres liñas de traballo optativas, nas que se actualicen os coñecementos do profesorado sobre a atención á diversidade e a educación integral, a orientación académica e profesional do alumnado e a avaliación e seguimento das aprendizaxes do alumnado. Nesta proposta formativa, os tres eixos, que supoñen o groso da acción titorial, son traballados de xeito práctico, facendo énfase na necesidade de formar ó profesorado nos propios centros sempre que sexa posible, así como de aplicar o blended learning, a metodoloxía cooperativa e un traballo práctico que permita que o profesorado cree e comparta os seus propios recursos de traballo, axustados ás necesidades do centro e ás demandas do seu alumnado. Proponse un sistema de avaliación de tres fases (inicial, de proceso e final), nas que sexa posible comprobar empiricamente non so a satisfacción do profesorado senón a eficacia mesma das accións formativas. Proponse así mesmo que sexan os asesores e asesoras de formación dos CFR (Centros de Formación e Recursos do Profesorado) os que lideren esta proposta formativa, desde o momento da detección das necesidades ata o da avaliación final. Péchase o traballo cas referencias bibliográficas e os anexos, nos que se aporta a escala AEFAT. Aprendeuse ó longo da investigación, que ser profesor e ser titor en España son termos sinónimos, tamén, que esta labor, de elevada responsabilidade, é moi complexa e difícil de concretar na aula. Por iso, a formación inicial e continuada do profesorado dunha etapa tan importante para o desenvolvemento como é a adolescencia (na que grazas ó pensamento formal é xa posible traballar sobre valores abstractos) debe contemplar non so a avaliación e seguimento do aspecto académico, senón a orientación vocacional e o desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas, de xeito que aprendan a convivir e a busca-lo seu lugar no mundo desde un estado de saúde xeral, que inclúa o benestar social e emocional preciso para converterse en actores participativos e críticos da sociedade. [-]

Show full item record



Files in this item

Bloqueado
Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001