Repositorio UVigo

O traballo das mulleres na LIX: o rural e o mar en tres obras pioneiras

Investigo Repository

O traballo das mulleres na LIX: o rural e o mar en tres obras pioneiras

Mociño González, Maria Isabel
 
DATE : 2017-05-15
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1492
UNESCO SUBJECT : 6202.02 Análisis Literario
DOCUMENT TYPE : article

ABSTRACT :

Neste traballo analízase cómo se representou (ou silenciou) o traballo das mulleres no agro e no mar. Faise a través de, fundamentalmente, tres obras pioneiras que se publicaron dirixidas á infancia e xuventude: Memorias dun neno labrego (1961, 1968), de Xosé Neira Vilas; Mar adiante (1973), de María Victoria Moreno; e O segredo da Pedra Figueira (1985), de María Xosé Queizán. Son obras publicadas na fase de constitución do sistema literario que abriron vías ata o de entón inexploradas ou pouco tratadas e que serviron de modelo para creadores e creadoras posteriores. Considerámolas relevantes por confluír nelas tamén tradición e modernidade, ademais de amosaren de modos moi diversos o traballo das mulleres en diferentes ámbitos e dende diferentes perspectivas.  

Show full item record



Files in this item

Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei Except where otherwise noted, this item's license is described as Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001