Date:
2021-02-03
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/1742
DOCUMENT TYPE: doctoralThesis
Abstract
Esta tese é unha proposta de compilación, clasificación e análise do caudal léxico relacionado co sector equino no noroeste da Península Ibérica no idioma galego (Galiza e concellos galegofalantes de Asturias, León e Zamora) e nas falas lusas estremeiras. E concreto, dá conta das diferentes unidades de expresión que achegaron 107 persoas -especialistas no ámbito- que foron entrevistadas ex profeso. Achega, primeiramente, as formas que estes falantes teñen para nomear ou describir os équidos segundo diferentes
parámetros: a especie, o sexo, a idade, a calidade, o comportamento, as particularidades
físicas ou as particularidades fisiolóxicas; en segundo lugar, os nomes e adxectivos que teñen que ver coas partes do exterior e interior do corpo dos animais; en terceiro, as denominacións vinculadas coa faneróptica; un cuarto, a terminoloxía que ten que ver coa
súa cronometría; en quinto, as accións vitais básicas; e, en sexto e último lugar, o léxico
vinculado cos diferentes problemas de saúde que poden presentar e os posíbeis coidados.