Repositorio UVigo

Optimizar os indicadores de circularidade económica mediante a inclusión de factores correctores que non penalicen o sector agroalimentario da provincia de Ourense

Investigo Repository

Optimizar os indicadores de circularidade económica mediante a inclusión de factores correctores que non penalicen o sector agroalimentario da provincia de Ourense

Rivo Lopez, Elena; Rodriguez Mendez, Miguel Enrique; Villanueva Villar, Mónica
 
DATE : 2020
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1994
UNESCO SUBJECT : 5312 Economía Sectorial ; 31 Ciencias Agrarias ; 5311.09 Organización de la Producción
DOCUMENT TYPE : bookPart

ABSTRACT :

O obxectivo deste subproxecto consiste en optimizar o indicador de circularidade para o sector agroalimentario na provincia de Ourense. Para acadalo, o equipo de investigación económica desenvolveu catro tarefas principais: revisar a literatura sobre a materia, propoñer diversas alternativas metodolóxicas para eliminar o nesgo do que falamos previamente, testar estas alternativas e, finalmente, seleccionar unha nova ferramenta metodolóxica para calcular o nivel de circularidade das actividades alimentarias ourensás. A partir da investigación levada a cabo e dos primeiros enfoques sen éxito dos indicadores cuantitativos, decidiuse, finalmente, optar por un conxunto de indicadores que mesture tanto elementos cuantitativos coma cualitativos. Unha avaliación cualitativa permite obter un maior volume de resposta por parte das empresas, evitando variacións de unidades (peso, volume, euros...) entre as industrias, así como poder incluír aspectos difíciles de cuantificar a priori, como os relacionados coa estratexia ou colaboracións con partes interesadas.

Show full item record



Files in this item

2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001