Repositorio UVigo

Análise de inundacións no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis

Investigo Repository

Análise de inundacións no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis

García Feal, Orlando; González Cao, José; Domínguez Alonso, José Manuel; De Castro Rodriguez, Maria Teresa; Álvarez Fernández, María Inés; Des Villanueva, Marisela
 
DATE : 2020
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/1997
UNESCO SUBJECT : 5505.01 Arqueología ; 2508.01 Erosión (Agua) ; 2508 Hidrología
DOCUMENT TYPE : bookPart

ABSTRACT :

O complexo arqueolóxico e termal Aquis Querquennis (Bande, Ourense) pódese cualificar como un dos máis importantes de Galicia e un importante centro de atracción turístico-cultural. Desde mediados do século xx, debido á construción do encoro das Conchas, o complexo vén sufrindo inundacións periódicas que afectan tanto a conservación coma a súa explotación turística. É, polo tanto, de especial interese estudar estas inundacións para coñecer o seu impacto e analizar posibles medidas para minimizar os seus efectos. Para isto realizouse un labor de recadación de datos hidrolóxicos e topográficos, que inclúe un traballo de fotogrametría por medio de imaxes aéreas tomadas por dron. Logo realizouse unha análise do alcance e da recorrencia das inundacións e observouse que o complexo ten sido afectado por eventos de longa duración. Tamén se realizou unha modelaxe numérica que permitiu a simulación de inundacións e o deseño de posibles barreiras de protección.

Show full item record



Files in this item

2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001