Repositorio UVigo

Novos sistemas de adquisición de alimentos: unha proposta de clasificación

Investigo Repository

Novos sistemas de adquisición de alimentos: unha proposta de clasificación

Simón Fernández, Xavier; Copena Rodriguez, Damian; Rodríguez Amoedo, Lucía
 
DATE : 2010
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/2018
UNESCO SUBJECT : 5312.01 Agricultura, Silvicultura, Pesca ; 5312 Economía Sectorial ; 6311.02 Sociología Ecológica
DOCUMENT TYPE : bookPart

ABSTRACT :

O obxectivo deste traballo é sentar as bases teóricas e prácticas para o posterior inventario de experiencias alternativas de consumo de alimentos dentro do Estado español. Desde finais da década dos setenta e principios dos oitenta prodúcense as primeiras críticas e denuncias dos efectos negativos asociados ao novo modelo de crecemento agrícola, a revolución verde. A principios do 90 xorden as primeiras iniciativas de consumo local aínda vixentes que rexeitaban a incipiente tendencia á homoxeneización dos patróns de consumo e á perda do “local”. Na actualidade, no Estado pódense observar unha chea de iniciativas comunitarias e de redes de iniciativas de consumo alternativo, ecolóxico e responsable. Neste traballo reflíctense ideas para iniciar un proceso de inventario que recolla as características básicas e clasifique as Iniciativas do Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ICERA) existentes en España e permita crear a Base de Iniciativas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (BICERA). Este carácter instrumental do artigo que presentamos obedece a varias ... [+]
O obxectivo deste traballo é sentar as bases teóricas e prácticas para o posterior inventario de experiencias alternativas de consumo de alimentos dentro do Estado español. Desde finais da década dos setenta e principios dos oitenta prodúcense as primeiras críticas e denuncias dos efectos negativos asociados ao novo modelo de crecemento agrícola, a revolución verde. A principios do 90 xorden as primeiras iniciativas de consumo local aínda vixentes que rexeitaban a incipiente tendencia á homoxeneización dos patróns de consumo e á perda do “local”. Na actualidade, no Estado pódense observar unha chea de iniciativas comunitarias e de redes de iniciativas de consumo alternativo, ecolóxico e responsable. Neste traballo reflíctense ideas para iniciar un proceso de inventario que recolla as características básicas e clasifique as Iniciativas do Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ICERA) existentes en España e permita crear a Base de Iniciativas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (BICERA). Este carácter instrumental do artigo que presentamos obedece a varias razóns. Cremos que pode ser moi útil para consumidores, produtores, movementos sociais e investigadores na construción dos seus discursos e procesos sociais de supervivencia ao ser posible visionar a globalidade do movemento alternativo, agroecolóxico, do Estado español. Esta visibilización conxunta fortalecerá ás iniciativas individuais. En segundo lugar, é unha mostra da fase construtiva e enunciadora na que se encontra o movemento alternativo, agroecolóxico, español, despois do predominio da fase da denuncia, o que lle concede unha certa madurez que posibilita a súa expansión. Finalmente, ó propiciar a construción colectiva da BICERA contribuiremos á situar os circuítos de información física e social ligada á xestión nun lugar prioritario das nosas axendas2. A BICERA construirase a partir da participación, do intercambio e do acceso libre á información xerada polos axentes que libremente decidan compartir tempo, ideas e procesos. A estrutura do traballo é a seguinte. En primeiro lugar reflexionamos sobre as causas xerais que explican a aparición destas iniciativas dentro do marco da modernización agraria seguida en España nos últimos decenios. En segundo lugar, caracterízase o conxunto das iniciativas agroecolóxicas e proponse unha tipoloxización. A continuación preséntanse os primeiros resultados do proceso de inventariado das ICERA en España e establécense unhas conclusións. Como material anexo incorpóranse dous formatos de enquisa para completar a realización da BICERA. [-]

Show full item record



Files in this item

2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001