Repositorio UVigo

A vía detritívora nas cabeceiras dos ríos forestados : o papel dunha especie dominante no ecosistema

Investigo Repository

A vía detritívora nas cabeceiras dos ríos forestados : o papel dunha especie dominante no ecosistema

Garcia Lago, Liliana
 
DATE : 2012-01-20
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/269
UNESCO SUBJECT : 2413.03 Ecología de Los Insectos ; 2508.08 Limnología ; 2502 Climatología
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

Esta tese céntrase no estudo da cadea alimentaria dos pequenos ríos de Galicia que posúen unha elevada cantidade de árbores na ribeira tan característicos dos climas temperados, e nos invertebrados que habitan e se alimentan da materia orgánica dominante nos mesmos, os esmiuzadores. Este traballo abrangue diferentes estudos de campo e de laboratorio levados a cabo para comprobar a importancia desta especie dominante e analizar a influencia da temperatura e calidade de alimentos como factores que controlan o seu ciclo de vida e atributos ecolóxicos, o que consecuentemente podería causar un impacto sobre todo o ecosistema. A presente tese consta dunha introdución ao tema de estudio cunha revisión xeral dos conceptos e teorías ecolóxicas que están detrás deste estudo e describe a liña de investigación seguida ao longo da mesma. Esta primeira parte achéganos ao mundo da ecoloxía dos pequenos ríos forestados, destacando os seus principais compoñentes (é dicir, hábitat, recursos e consumidores) e os principais factores que poden influenciar na súa estrutura e funcionamento. Ademais, ... [+]
Esta tese céntrase no estudo da cadea alimentaria dos pequenos ríos de Galicia que posúen unha elevada cantidade de árbores na ribeira tan característicos dos climas temperados, e nos invertebrados que habitan e se alimentan da materia orgánica dominante nos mesmos, os esmiuzadores. Este traballo abrangue diferentes estudos de campo e de laboratorio levados a cabo para comprobar a importancia desta especie dominante e analizar a influencia da temperatura e calidade de alimentos como factores que controlan o seu ciclo de vida e atributos ecolóxicos, o que consecuentemente podería causar un impacto sobre todo o ecosistema. A presente tese consta dunha introdución ao tema de estudio cunha revisión xeral dos conceptos e teorías ecolóxicas que están detrás deste estudo e describe a liña de investigación seguida ao longo da mesma. Esta primeira parte achéganos ao mundo da ecoloxía dos pequenos ríos forestados, destacando os seus principais compoñentes (é dicir, hábitat, recursos e consumidores) e os principais factores que poden influenciar na súa estrutura e funcionamento. Ademais, inclúe unha ampla revisión bibliográfica, as áreas de estudo, a(s) especie(s) de interese e os principais obxectivos da tese doutoral. A continuación, diferéncianse dúas seccións principais que separan os estudos levados a cabo para a realización deste traballo, en función do nivel de organización ecolóxico. A primeira sección inclúe todos os estudos a nivel de ecosistema e poboación, namentres que a segunda sección inclúe os experimentos a nivel de especie. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001