Repositorio UVigo

O primeiro día de clase no proceso de ensino-aprendizaxe de segundas linguas : a unidade 0

Investigo Repository

O primeiro día de clase no proceso de ensino-aprendizaxe de segundas linguas : a unidade 0

Novegil Souto, Mónica
 
DATE : 2015-07-31
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/409
UNESCO SUBJECT : 5701.11 Enseñanza de Lenguas ; 5801.07 Métodos Pedagógicos
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

Na presente tese quérese pór de manifesto a importancia que ten o primeiro día de clase para o proceso de ensino-aprendizaxe dunha segunda lingua no contexto educativo actual, onde a aprendizaxe autónoma e permanente se perfila como fin última mais tamén como motor dese proceso. A investigación quere chamar a atención sobre a importancia do primeiro encontro, momento especialmente significativo nas relacións humanas e, por outra parte, clave tamén na actualidade debido as novas contornas de aprendizaxe, maioritariamente en ausencia, que proveen as tic. Na primeira parte do estudo séntanse as bases teóricas que defenderán a proposta para a primeira sesión de clase. Recádase información sobre a competencia que debe adquirir o aprendente de segundas linguas, e revísase a situación actual no que atinxe ás teorías educativas en xeral e á lingüística aplicada ao ensino-aprendizaxe de segundas linguas en particular. Ademais, analízase o contexto de aula onde se determinan os papeis que os distintos actores: docentes, aprendentes e materiais, do proceso de aprendizaxe, mediados pola ... [+]
Na presente tese quérese pór de manifesto a importancia que ten o primeiro día de clase para o proceso de ensino-aprendizaxe dunha segunda lingua no contexto educativo actual, onde a aprendizaxe autónoma e permanente se perfila como fin última mais tamén como motor dese proceso. A investigación quere chamar a atención sobre a importancia do primeiro encontro, momento especialmente significativo nas relacións humanas e, por outra parte, clave tamén na actualidade debido as novas contornas de aprendizaxe, maioritariamente en ausencia, que proveen as tic. Na primeira parte do estudo séntanse as bases teóricas que defenderán a proposta para a primeira sesión de clase. Recádase información sobre a competencia que debe adquirir o aprendente de segundas linguas, e revísase a situación actual no que atinxe ás teorías educativas en xeral e á lingüística aplicada ao ensino-aprendizaxe de segundas linguas en particular. Ademais, analízase o contexto de aula onde se determinan os papeis que os distintos actores: docentes, aprendentes e materiais, do proceso de aprendizaxe, mediados pola didáctica máis eficaz, deben asumir na aula do século XXI. A segunda parte do estudo defende un primeiro día de clase nas aulas de segundas linguas, acorde co contexto actual de aprendizaxe, que guíe a actuación dos docentes nese primeiro encontro. Fica xustificada a necesidade de realizar propostas xerais e abertas para o primeiro día, que se concretan no mesmo momento da práctica educativa adecuándose ao novo proxecto de ensino-aprendizaxe que dea comezo en cada nova ocasión. [-]
 
 

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001