Repositorio UVigo

A lógica da reprodução social da agricultura familiar de base ecológica no Rio Grande do Sul - Brasil

Investigo Repository

A lógica da reprodução social da agricultura familiar de base ecológica no Rio Grande do Sul - Brasil

Uriartt, Ari Henrique
 
DATE : 2016-01-20
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/494
UNESCO SUBJECT : 5503 Historia de Países ; 5102.01 Agricultura ; 5402 Geografía Histórica
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

Para atinxir o seu obxectivo principal de caracterizar a lóxica da reprodución social da agricultura familiar de base ecolóxica, en termos de economía ecolóxica e da economía solidaria no estado do Rio Grande do Sul, Brasil, esta Tese de Doutoramento desenvolve a súa argumentación a partir de tres eixos principais. No primeiro eixo están os casos de agricultores familiares de base ecolóxica de diferentes orixes étnicas e culturais e a súa relación cos seus consumidores a partir dun modelo local de produción e consumo. Son os agricultores familiares de base ecolóxica conectados á Associação dos Agricultores Ecologistas da Terra da Longevidade (AETEL). Trátase dunha asociación de agricultores ecolóxicos que actúan nunha feira ecolóxica (orgánica), no municipio de Veranópolis, xuntamente co seu entorno social localizado na rexión da encosta superior do nordeste de Rio Grande do Sul. O municipio de Veranópolis, historicamente, foi colonizado maioritariamente por inmigrantes oriúndos do norte da Italia e ten a súa economía e cultura fortemente influenciadas por esa rexión italiana. A ... [+]
Para atinxir o seu obxectivo principal de caracterizar a lóxica da reprodución social da agricultura familiar de base ecolóxica, en termos de economía ecolóxica e da economía solidaria no estado do Rio Grande do Sul, Brasil, esta Tese de Doutoramento desenvolve a súa argumentación a partir de tres eixos principais. No primeiro eixo están os casos de agricultores familiares de base ecolóxica de diferentes orixes étnicas e culturais e a súa relación cos seus consumidores a partir dun modelo local de produción e consumo. Son os agricultores familiares de base ecolóxica conectados á Associação dos Agricultores Ecologistas da Terra da Longevidade (AETEL). Trátase dunha asociación de agricultores ecolóxicos que actúan nunha feira ecolóxica (orgánica), no municipio de Veranópolis, xuntamente co seu entorno social localizado na rexión da encosta superior do nordeste de Rio Grande do Sul. O municipio de Veranópolis, historicamente, foi colonizado maioritariamente por inmigrantes oriúndos do norte da Italia e ten a súa economía e cultura fortemente influenciadas por esa rexión italiana. A estrutura agraria está baseada na pequena propiedade, que sufriu unha intensa división ao longo das xeracións de familias que se sucederan apos o asentamento dos primeiros colonizadores. Feito que contribuíu para que emigrasen da rexión un grande numero de agricultores, que se asentaron en outras rexións agrícolas do Estado e do país e que, tamén no ámbito local e rexional, fomentaron outras actividades produtivas non agrícolas. Neste primeiro eixo tamén se sitúan os agricultores de base ecolóxica asociados á Cooperativa dos Citricultores Ecológicos do Vale do Caí (ECOCITRUS), que teñen a súa sede no municipio de Montenegro, no Vale do Rio Caí, Rio Grande do Sul. Son agricultores familiares predominantemente de orixe alemá, a súa actividade principal está baseada na produción de froitas cítricas e, en determinado período da súa traxectoria, tamén na horticultura. O inicio da organización se dá a partir da creación dunha asociación que buscaba unha alternativa para a produción convencional de cítricos, o que se tornou posíbel a partir da estruturación dunha unidade de prestación de servizos para tratamento de residuos orgánicos procedentes de varias agroindustrias da rexión (no inicio das operacións eran aproximadamente 27, datos de 2015 indican que son máis de 200). O composto orgánico obtido constitúe unha base do manexo da fertilidade concomitantemente cos procesos participativos desenvolvidos polos socios, sendo eses resultados de acordo coa cooperación entre organizacións gobernamentais e organismos internacionais, e da colaboración de organizacións no gobernamentais. Resáltase tamén nese grupo un importante traballo realizado polas mulleres rurais, responsables da introdución de novas liñas de produción e comercialización que contribuíron, por un determinado período, para o aumento da biodiversidade e estabilidade económica dalgunhas unidades de produción das familias cooperadas implicadas. Outro aspecto relevante desenvolvido por algúns dos socios é o manexo de sistemas agroforestais. O segundo eixo ten relación coa influencia do movemento ambientalista no desenvolvemento e consolidación de un ideal agroecolóxico, alcanzando no presente o logro material dunha política nacional para área de produción de orgánicos e no desenvolvemento da Agroecoloxía. Un exemplo é a lei que recoñece un sistema inédito de certificación da produción orgánica, o Sistema Brasileiro de Avaliação de Conformidade Orgânica (SisOrg) que, a través dun proceso legal, posibilita unha certificación participativa da produción orgánica. En relación con este eixe, presentamos o proceso histórico da certificación de orgánicos no Brasil, representado polo exemplo pioneiro da Rede ECOVIDA de Agroecologia, actual Associaciação Rede ECOVIDA de Certificação Participativa, organización coa cal os dous grupos previamente mencionados posúen vinculación directa, así como o da Organização de Controle Social (OCS) Porto Alegre/Viamão, embrión da formación da Associação de Produtores da Rede Agroecológica Metropolitana (RAMA), tamén de certificación participativa. Polo seu carácter local/rexional e pola súa escala, realizamos unha análise e describimos o seu desenvolvemento, entendendo que iso posibilita unha mellor comprensión do proceso formativo desenvolvido por ese tipo de organizacións, así como da súa contribución na construción de novas relacións de cambio, no contexto de economía solidaria, aliada á súa dimensión agroecológica. Como terceiro eixo, para contextualizar o escenario actual en que están inseridos eses casos e o desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica e unha acción de ecoloxía política, optamos por realizar unha retrospectiva histórico- ambiental dos distintos sistemas de produción agraria, describindo as transformacións da paisaxe e do territorio. Os límites xeográficos, a hidrografía e o relevo son determinantes en relación coa ocupación do territorio, e este proceso modifica a paisaxe orixinal. De forma complementar describimos parte da riqueza dos biomas relatados, información que permite revelar unha mostra da rica biodiversidade existente, ao mesmo tempo que nos dá unha idea de canto se perdeu ao longo dos anos de ocupación antrópica. Para comprendermos e situarmos parte destes cambios orientamos unha retrospectiva histórico-ambiental dos diferentes sistemas de produción agraria. Nesta retrospectiva describimos inicialmente o Sistema Agrario indigena, aquí representado polas principais etnias indíxenas (Kaingang, Guaraní, Charrúa e Minuanos) presentes no período inmediatamente anterior ao contactar cos novos inmigrantes, por que non dicir, invasores de seu territorio. A partir da súa descrición ingresamos propiamente na análise do conxunto das sociedades influenciadas socioculturalmente polas alteracións provocadas polo que se convencionou denominar "revolución agrícola do neolítico". Para caracterizar os diferentes sistemas de produción agraria, dos cales esas sociedades indíxenas orixinarias facían parte, optamos por describir a lóxica de súa reprodución social a partir do seu sistema de crenzas ou cosmovisión, do conxunto das súas prácticas produtivas relacionadas cos diferentes usos e manexo dos recursos naturais e, por fin, do coñecemento a elas asociado, transmitidos de xeración en xeración a través da linguaxe e sendo esta a súa unica forma de rexistro, tornaba a memoria no principal e máis importante recurso intelectual deses pobos. No obstante, vimos que boa parte dese importante acúmulo e legado perdeuse, en moitos casos de forma irreversible, como resultado deliberado do exterminio, parcial ou total, á que foran sometidas esas comunidades polos pobos que viñeron tomarlles o territorio, asín como, posteriormente, pola incapacidade dos conquistadores de entenderen a lóxica pola cal esas sociedades operaban, mesmo tras establecido o contacto e realizada a súa aculturación. Embora esas sociedades actuasen de forma diferente dos conquistadores, os seus resultados demostrábanse efectivos e non menos eficaces, se analizarmos seus aspectos estruturais e funcionais máis importantes. Posteriormente descríbese e analízase a chegada dos primeiros actores sociais dos demais continentes, en especial do continente europeo, que poboaron esa porción do territorio suramericano, inicialmente relatando a ocupación da Pampa. A descrición está enfocada nos aspectos de natureza económica, social e ambiental, principalmente nas transformacións que se produciron no medio rural. O período histórico descrito vai desde a chegada dos primeiros estranxeiros, españois, portugueses e seus escravos até a chegada das primeiras familias de colonos recrutadas por Portugal para garantir a posesión do territorio. Nese período histórico están caracterizados o Sistema Agrario Vacaria Del Mar (1600-1700), Sistema Agrario Tropeirismo / Sesmarias (1700-1800) e parte do Sistema Agrario Estancias (1800- 1910): tais sistemas agrarios, a diferenza das mudanzas producidas polas poboacións indíxenas que ao longo das sucesivas xeracións foran coñecendo e adaptándose ao ambiente, ao mesmo tempo que inserían o seu "paquete básico" de plantas útiles iniciaran súa implantación naquilo que poderíamos clasificar dun exitoso "desastre ambiental", caracterizado pola vertixinosa e descontrolada reprodución do gando vacún e cabalar, a súa primeira e poderíamos dicir principal actividade económica no inicio da ocupación do territorio. As consequencias sobre a vexetación da Pampa e sobre as demais especies que alí vivían antes da chegada deses animais exóticos até hoxe son descoñecidas pola ciencia. Malia os danos causados pola enorme rabaño formado, esa nova situación asegurou aos pioneiros a súa fixación e unha identidade territorial. Disputada neste momento polos dous principais imperios coloniais, España e Portugal, os primeiros en tomar o territorio das poboacións indíxenas foran os españois, que co auxilio dos xesuítas dominaron e aculturaran o que restaba da outrora vigorosa e hexemónica nación Guaraní, que como as demais etnias sufriron as enfermidades traídas polos primeiros europeos que fixeron o contacto. Se non lles fose suficiente ese enorme revés, a aculturación tornoulles unha presa cobizada para os cazadores de escravos portugueses. Os sucesivos ataques que se seguiron co propósito de apoderarse desta "riqueza" causaron a destrución das primeiras misións e ocasionaron a fuga dos animais mantidos polos misioneiros, o que tornou ese acontecemento nunha causa da extensión dos rabaños vacún e cabalar sobre a inmensidade da Pampa e que, posteriormente, tamén ocuparon os campos de altitude do planalto río-grandense. A sociedade que se estableceu a partir da explotación dese xigantesco rabaño foi responsábel do xurdimento de novos actores sociais, a saber: gaúcho, o tropeiro e finalmente o estancieiro, este último caracteriza unha institucionalización da propiedade privada, iniciada a partir da distribución da posesión das terras en forma de un parcelamento concedidas pola Coroa Portuguesa, coñecido como sesmarias. A Estância como ficou sendo coñecida esa posesión, pasou a ser o símbolo do poder económico local sendo so igualado coa aparición das Charqueadas, que se caracterizaba polo procesamento rudimentario da carne, a través da súa salga e secado, obxectivando a súa conservación e posibilitando a súa exportación a mercados distantes. Antes do xurdimento do charque, nome dado ao produto obtido, o mercado deste tipo de economía limitábase ao comercio do coiro, sebo e facer a venda dos animais vivos levados a centros consumidores aos que podían chegar. A aparición deste novo produto foi de grande importancia para a consolidación do poder da oligarquía nesa sociedade pastoril escravocrata que se estableceu na primeira etapa de desenvolvemento económico desa porción do Brasil meridional. Tal resultado foi determinante para a chegada dun novo tipo de actor social - o colono. Procedentes, en especial, do continente europeo, eles inicialmente poboaron os campos de altitude e a Pampa e, posteriormente, a floresta meridional. O período histórico descrito comprende desde a chegada dos primeiros colonos das Azores ao territorio até o denominado Sistema Colonial Agrario Inicial (1820-1900) e formar parte do inicio do Sistema Agrario Contemporaneo (1900-1960). Para garantir unha posesión e protección dese importante territorio os reis portugueses viron que era necesario ocupalos con súbditos libres e leais, o que foi posible coa chegada dos primeiros colonos, en súa maioría parellas seleccionados nas Azores. Con esa iniciativa se resolvía unha ecuación de xeopolítica de poder mais tamén diminuíase a presión dunha crecente poboación sobre os xa escasos recursos agrícolas e pesqueiros daquel arquipélago atlántico. Eses colonos, xuntamente coa súa expectativa dunha vida mellor, traían consigo, como antes deles fixeron os emigrantes indíxenas, o seu proprio "paquete básico" de plantas útiles e, no caso dos europeos, tamén os seus animais. Os azorianos destacaranse no cultivo do trigo, mas problemas no seu cultivo e mellores oportunidades de rendemento gradualmente foran espertando o seu interese pola actividade pastoril facendo que eses illeños e seus descendentes se tornaran hábiles criadores. Ao completarse o ciclo da inmigración azoriana, unha área que correspondía ao campo estaba satisfactoriamente ocupada. Restaba, non obstante, unha ampla fronteira interna a ser explotada, un bosque. Novamente os intereses xeopolíticos de fortalecemento das fronteiras mesturáronse á chegada de familias de colonos para unha ocupación das terras, esta feita xa baixo o dominio do imperio brasileiro. Esa tarefa, inicialmente, deveuse sobre todo aos inmigrantes alemáns e, posteriormente, aos italianos. A eles tamén foi conferida unha iniciativa de "fabricar terras", tornándose una mercadoría rendible. Nun intervalo de tres xeracións, extensas áreas de bosque transformáronse en terras de labor e campos de pastoreo extensivo. Esa marcha de ocupación seguiu polos vales dos ríos, por seren a primeira vía de penetración, seguiu a través de rutas abertas na densa mata, nun proceso de ocupación das encostas, e continuou sobre os camiñoss dos trens até chegar nas últimas reservas forestais do planalto . Nese proceso foran sendo establecidas cidades e, nelas, innumerábeis actividades manufactureiras, inicialmente compartidas coas rutinas agrícolas, e que aos poucos foran separándose e sendo realizadas de forma especializada. No obstante, de forma diferente do que normalmente ocorría nas sociedades pre-industriais europeas, nas cales os propios campesiños levaban seus produtos periodicamente a un local para eles mesmos comercializárenos, na nova terra a dispersión das súas propiedades combinada coas dificultades de circulación fixeron xurdir, xa cando o establecemento dos primeiros colonos, unha ben articulada rede de intermediación, que no seu punto de cambio co colono era coñecida como "a venda". Mais que prestar un servizo de comercialización, o comerciante da venda pasou a determinar a prezo de compra e venda dos produtos, así como a concentrar o aforro de agricultores. Ese mecanismo de concentración e dominación garantiu aos comerciantes e transportistas, que en moitos casos exercían ambas funcións, realizar facilmente a acumulación de capital necesario para a expansión e diversificación dos seus emprendimentos. A diferenciación social xerada por este sistema contribúe para o xurdimento dunha emerxente sociedade de clases dominada pola clase dos comerciantes. En consecuencia, foran xurdindo conflitos. Como exemplo, citamos a Revolta dos Muckers, en esencia un movemento mesiánico de carácter relixioso, mas na interpretación de historiadores tamén foi un movemento de contestación á ascendente clase dos comerciantes. Tamén foron referidos neste traballo, unha transición dunha agricultura campesiña para unha agricultura industrial no contexto mundial, e pola súa vez, relatamos como as consecuencias xeradas polo proceso de industrialización da agricultura posibilitaron o xurdimento de diferentes estilos de agricultura de base ecolóxica fundamentadas no que posteriormente pasou a ser denominado ciencia agroecolóxica, como contrapunto á contemporánea Revolución Verde. O período histórico descrito nesta Tese está centrado no Sistema Colonial Agrario Contemporáneo de 1900-1960 / 1970, e se estende ata o Sistema Agrario Contemporáneo Atual, de 1960/1970 ao momento presente. E, finalmente, o capitulo final desta Tese sintetiza e contextualiza as reflexións deste proceso de transformación da agricultura contemporánea no Rio Grande do Sul, conxuntamente a través dunha reflexión baseada nos Estudos de caso antes citados e a partir deles describimos e contextualizamos a reprodución social de agricultores de base de ecolóxica, así como a consecuente transformación na paisaxe agraria por eles provocada no período contemporáneo. Enténdese que tal estrutura permite analizar a construción social colectiva dunha nova economía, baseada na ecoloxía e na solidariedade que ficou caracterizada nas interaccións sociais dos grupos analizados. No capitulo tamén presentamos cinco exemplos de sistemas de producion ecolóxica, dous conectados a cooperados da ECOCITRUS, e tres agricultores conectados á asociación ecolóxica AETEL. No primeiro caso esas familias representan dúas importantes actividades dentro da cooperativa: a horticultura e o sistema agroforestal, sendo que a primeira tivo un papel relevante nun determinado momento da historia recente da cooperativa, e a outra, lentamente, pasa a asumir importancia debido ao seu carácter radicalmente ecolóxico, cando comparada con outras formas de manexo dos demais asociados. Desta forma, o primeiro Sistema de Produción descrito vincúlase a produción de hortalizas aliada á produción de cítricos (SHF-ECOCITRUS), e o segundo constitúe un caso de éxito no manexo agroforestal asociado á fruticultura (SAGROFLO-ECOCITRUS). Na segunda, a opción de describir os tres sistemas adoptados por asociados da AETEL levou en consideración o feito das dúas primeiras familias seren pioneiras na formación da asociación, así como na conversión de súas unidades de produción convencional para un estilo de produción ecolóxico, sendo o primeiro baseado principalmente na horticultura combinada á fruticultura, con o cultivo de cítricos e melón (SHF01-AETEL), e o segundo caso de pexego e videiras, (SHF02-AETEL). O terceiro sistema foi escollido pola peculiaridade do agricultor non residir na unidade pero si na sede do municipio e manexar un sistema que utiliza un microclima especial da rexión que favorece o cultivo de dúas especies non tradicionais nos sistemas predominante na maior parte do territorio do municipio: cana de azucre e banana ( LAVFRUT-AETEL). Entendemos que tales descricións posibilitan observarmos as transformación da paisaxe ao logo do tempo e as interaccións desta co seu medio e coa comunidade onde actúan. Entendemos que este conxunto de observacións nos posibilita analizar e testar as nosas hipóteses e consolidar as conclusións desta Tese. Os estudos de caso contribuíron para reforzar unha das hipóteses iniciais deste traballo (b), que afirmou que as feiras orgánicas teñen un papel importante na consolidación inicial de grupos de agricultores familiares de base ecolóxica, especialmente cando están organizados en torno a Organismos de Controle Social (OCS) ou de Organismo Participativo de Avaliação da Conformidade (OPAC), como no primeiro caso, o AETEL. O mesmo pasou co grupo de PRORENDA Mulheres porque aínda que foi extinguido, a experiencia da feira foi importante para definir a dirección da cooperativa ECOCITRUS, a que pertencen, permitiulle definir o modo de entrada no mercado orgánico, así como a súa participación no núcleo Vale do Cai da OPAC - Associação Ecovida de Certificação Participativa. Os bos resultados presentados nos casos de OPAC - Associação dos Produtores da Rede Agroecológica Metropolitana - RAMA e da ECOCITRUS pode ser parcialmente atribuído ao feito de que o primeiro é un OPAC e da segunda participar do Sistema Participativo de Garantia (SPG) a través do seu OPAC. No primeiro caso, demostrou ser unha ferramenta importante para a formación e como sistema de xestión para os seus participantes, No segundo caso, o proceso foi crecendo xunto coa organización cooperativa e a incorporación produciuse de forma natural, facilitando a expansión da súa acción, co fin de que o intercambio entre os agricultores e os consumidores se realizara de forma máis xusta e transparente . En ambos os casos, móstrase que os beneficios do SPG van moito máis alá da garantía colectiva dada para produtos e servizos ecolóxicos, concedida polos seus membros e tamén proporcionar aos seus participantes o intercambio de coñecementos, formación e resolución de dificultades a partir de acción colectiva dos seus compoñentes. En calquera caso, estes resultados contribuíron para confirmar outra hipótese inicial (c). Finalmente, ao analizar os distintos sistemas de produción ligadas á AETEL e à ECOCITRUS constatamos que todos afrontan o mesmo problema de falta de man de obra, aínda que nalgunhas destas unidades os cativos permanecen coa familia, as perspectivas de sucesión son remotas ou inexistentes. En caso de que os mozos permanezan coa familia, iso é debido a acordos que permitiron a súa morada na unidade, á existencia de condicións para o desenvolvemento de actividades non agrícolas ou a que están en idade escolar. Polo tanto, a hipótese (a) desta Tese de Doutoramento, isto é, que a agricultura familiar ecolóxica baseada nos principios da economía ecolóxica e solidaria é capaz de garantir a reprodución social das familias e garantir a sucesión familiar, non foi contrastada positivamente pois se en parte considérase que esa actividade foi capaz de proporcionar os medios para garantir a reprodución social e económica das familias, polo menos para os cinco sistemas analizados, con todo, non foi eficaz para garantir a permanencia dos sucesores en actividades agrícolas familias ocupan hai xeracións. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001