Repositorio UVigo

Actitudes, ansiedade e medo á morte e a súa relación cos hábitos tóxicos e sexuais nos adolescentes

Investigo Repository

Actitudes, ansiedade e medo á morte e a súa relación cos hábitos tóxicos e sexuais nos adolescentes

Perdiz Alvarez, Maria Celsa
 
DATE : 2015-12-14
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/580
UNESCO SUBJECT : 6101.01 Desórdenes del Comportamiento ; 6104.01 Procesos Cognitivos
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

O interese polo fenómeno da morte remóntase ás orixes do home. En tódalas sociedades humanas a conciencia da morte desempeñou un papel primordial na constitución da mitoloxía, a relixión e a filosofía. A preocupación pola morte ten ocupado un lugar privilexiado entre os mitos, ritos e as actividades creadoras dos homes, pois é o acontecemento universal e irrecusable por excelencia. O estudo da morte no trascurso dos anos deu lugar a súa conceptualización con diversidade de significados vencellados estreitamente cos sistemas socioculturais de cada momento. Na actualidade segue sendo un campo científico de moito interese, por iso dende ó século pasado ata a actualidade, numerosas investigacións sobre todo do ámbito da psicoloxía, da medicina e da socioloxía teñen contribuído a melloran a súa comprensión. No noso medio, esta produción científica aínda sendo escasa non deixa de medrar no seu interese. O xeito de enfrontarse a morte e as actitudes cara ela teñen sufrido moitas transformacións na sociedade contemporánea. Os cambios xerais na estrura social e económica co ... [+]
O interese polo fenómeno da morte remóntase ás orixes do home. En tódalas sociedades humanas a conciencia da morte desempeñou un papel primordial na constitución da mitoloxía, a relixión e a filosofía. A preocupación pola morte ten ocupado un lugar privilexiado entre os mitos, ritos e as actividades creadoras dos homes, pois é o acontecemento universal e irrecusable por excelencia. O estudo da morte no trascurso dos anos deu lugar a súa conceptualización con diversidade de significados vencellados estreitamente cos sistemas socioculturais de cada momento. Na actualidade segue sendo un campo científico de moito interese, por iso dende ó século pasado ata a actualidade, numerosas investigacións sobre todo do ámbito da psicoloxía, da medicina e da socioloxía teñen contribuído a melloran a súa comprensión. No noso medio, esta produción científica aínda sendo escasa non deixa de medrar no seu interese. O xeito de enfrontarse a morte e as actitudes cara ela teñen sufrido moitas transformacións na sociedade contemporánea. Os cambios xerais na estrura social e económica co paso da sociedade rural a industrial e as trasformacións tecnolóxicas no campo da medicina deron lugar a cambios importantes nos comportamentos e actitudes cara a morte. Por outra parte, o maior coñecemento grazas ó abordaxe científico móstranos un campo de enorme complexidade e con diversidade de variables e factores relacionados. Así pois, e partindo desta realidade poliédrica, nos últimos anos, todo o relacionado coa morte vén sendo un foco de crecente interese para o pensamento científico. Despois da Segunda Guerra Mundial xorde a Tanatoloxía como ciencia e campo interdisciplinario. A partires de entón, á diversidade de estudos dende os diferentes ámbitos súmase tamén a aparición de escalas, métodos e técnicas específicas para a súa medida de xeito obxectivo. A complexidade do fenómeno fai que o significado e actitudes ante a morte, presenten múltiples manifestacións, suscitando cognicións e emocións moi variadas, a maioría de natureza negativa ou de malestar para o individuo. Este malestar ante a morte asócianse con diversos estados de emoción, principalmente actitudes negativas, ansiedade, medo, depresión e obsesión. Entre as respostas emocionais xeradas máis frecuentemente pola morte están as actitudes negativas, a ansiedade e o medo (Limonero, 1996; Tomás-Sábado, Limonero, Gómez e Templer, 2004-2005), aspectos que investigamos no noso estudo. Partindo da aproximación conceptual do malestar ante a morte, propuxémonos a presente investigación onde se pretende coñecer a relación entre actitude, ansiedade e medo á morte e o consumo de tóxicos e condutas sexuais que manteñen os adolescentes. Partimos da idea de que desenvolvemento físico, psicolóxico e social que implica a etapa adolescente que analizamos, está ligado a maduración cognitiva que lle permite os mozos novos posicionamentos e emocións ante a vida e a morte e tamén a instauración de novos comportamentos ou estilos de vida que manteñen o seu benestar ou poñen en risco a súa saúde. A investigación realizouse sobre unha mostra de 1128 suxeitos de idades comprendidas entre os 16 e os 19 anos, de ambos sexos, escolarizados en centros públicos e privados, do medio rural e urbano de toda a comunidade galega. Para a obtención dos datos recabóuse colaboración voluntaria na participación do estudo e para cumplimentación dos instrumentos de medida propostos. A idade dos suxeitos estudados correspóndese co final da adolescencia media e a adolescencia tardía, descrita por Krauskopof (2004) e caracterizada pola preocupación pola afirmación persoal e social. O noso obxectivo xeral é coñecer e comprender mellor ó ser humano na súa etapa de desenvolvemento adolescente a traveso da significación e repercusión que ten a morte na súa existencia, nos seu estilo de vida e benestar. De xeito máis concreto pretendemos coñecer as actitudes, emocións de ansiedade e medo ante á morte en rapaces e rapazas do noso medio escolar, profundar no coñecemento do consumo abusivo de sustancias tóxicas e condutas sexuais dos adolescentes escolarizados e determinar a existencia de relación entre o consumo de tóxicos e condutas de risco sexual e as actitudes, ansiedade e medo a morte. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001