Repositorio UVigo

A dirección actoral como disciplina académica : aspectos científicos, empíricos e curriculares da formación en dirección escénica na ESADG (2005-2016)

Investigo Repository

A dirección actoral como disciplina académica : aspectos científicos, empíricos e curriculares da formación en dirección escénica na ESADG (2005-2016)

González Salgado, Daniel
 
DATE : 2017-08-08
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/783
UNESCO SUBJECT : 6203.10 Teatro
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

A finais do século XIX aparece a figura do director de escena no teatro europeo. O seu recoñecemento en España irá parello, nas últimas décadas do século XX, ao proceso de normalización da educación teatral. Esta atopa un punto de inflexión coa promulgación da LOXSE, que equipara os estudos superiores de arte dramática a unha licenciatura universitaria. Coa publicación do RD 754/1992 que regula os ditos estudos, contémplase por primeira vez a creación da Especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia, que acabará sendo implantada en diferentes comunidades autónomas. A promulgación da LOE en 2006 supón un novo chanzo para a especialidade, integrada ahora no Grao en arte Dramática e cun desenvolvemento curricular recollidos no RD 630/2010 e na normativa autonómica que o desenvolve. En todas as normativas recóllese un ámbito de formación denominado Dirección de actores, que se vén desenvolvendo naqueles centros superiores onde se oferta a especialidade. Pese á centralidade deste campo na formación dos directores de escena, son escasos os estudos aparecidos até o momento. A nivel ... [+]
A finais do século XIX aparece a figura do director de escena no teatro europeo. O seu recoñecemento en España irá parello, nas últimas décadas do século XX, ao proceso de normalización da educación teatral. Esta atopa un punto de inflexión coa promulgación da LOXSE, que equipara os estudos superiores de arte dramática a unha licenciatura universitaria. Coa publicación do RD 754/1992 que regula os ditos estudos, contémplase por primeira vez a creación da Especialidade de Dirección escénica e Dramaturxia, que acabará sendo implantada en diferentes comunidades autónomas. A promulgación da LOE en 2006 supón un novo chanzo para a especialidade, integrada ahora no Grao en arte Dramática e cun desenvolvemento curricular recollidos no RD 630/2010 e na normativa autonómica que o desenvolve. En todas as normativas recóllese un ámbito de formación denominado Dirección de actores, que se vén desenvolvendo naqueles centros superiores onde se oferta a especialidade. Pese á centralidade deste campo na formación dos directores de escena, son escasos os estudos aparecidos até o momento. A nivel mundial, en 1985 aparece en Francia o primeiro libro sobre a materia, e, en 2000, en España, o segundo. Dende aquela, poucas máis achegas se teñen producido neste ámbito. Con esta investigación queremos ofrecer unha análise sistemática do proceso de creación e fundamentación da disciplina, considerando as propostas que se foron desenvolvendo nas diferentes escolas do Estado. Analizaremos en profundidade as competencias que debe desenvolver e os núcleos temáticos que debe configurar para construír o saber, o saber facer e o saber ser. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001