Repositorio UVigo

Ontoloxías e tradución biomédica : creación dunha base de coñecemento terminolóxico sobre os erros innatos do metabolismo en francés e español

Investigo Repository

Ontoloxías e tradución biomédica : creación dunha base de coñecemento terminolóxico sobre os erros innatos do metabolismo en francés e español

Varela Vila, Tamara
 
DATE : 2015-11-23
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/829
UNESCO SUBJECT : 5701.12 Traducción ; 1203.17 Informática
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

A presente tese de doutoramento parte da constatación de que existe a necesidade de crear recursos terminolóxicos avanzados que faciliten o traballo dos tradutores especializados e melloren os resultados obtidos no proceso de documentación no ámbito das ER e, máis concretamente, no grupo dos erros innatos do metabolismo (EIM). Proponse, polo tanto, a creación dun recurso terminolóxico no que se explicite a estrutura conceptual deste ámbito, de modo que o proceso de recuperación da información almacenada poida facerse tanto de xeito semasiolóxico como onomasiolóxico. Deste xeito, este traballo ten dous obxectivos principais: por un lado, crear unha base de coñecemento terminolóxico en francés e español sobre os EIM combinando a metodoloxía da lingüística de corpus e as ferramentas propias da enxeñaría do coñecemento (en concreto, as ontoloxías); e, por outro, propoñer un modelo para a elaboración dunha base de coñecemento terminolóxico que poida ampliarse progresivamente para abarcar o ámbito das ER na súa totalidade. No primeiro capítulo realízase unha revisión dos principios ... [+]
A presente tese de doutoramento parte da constatación de que existe a necesidade de crear recursos terminolóxicos avanzados que faciliten o traballo dos tradutores especializados e melloren os resultados obtidos no proceso de documentación no ámbito das ER e, máis concretamente, no grupo dos erros innatos do metabolismo (EIM). Proponse, polo tanto, a creación dun recurso terminolóxico no que se explicite a estrutura conceptual deste ámbito, de modo que o proceso de recuperación da información almacenada poida facerse tanto de xeito semasiolóxico como onomasiolóxico. Deste xeito, este traballo ten dous obxectivos principais: por un lado, crear unha base de coñecemento terminolóxico en francés e español sobre os EIM combinando a metodoloxía da lingüística de corpus e as ferramentas propias da enxeñaría do coñecemento (en concreto, as ontoloxías); e, por outro, propoñer un modelo para a elaboración dunha base de coñecemento terminolóxico que poida ampliarse progresivamente para abarcar o ámbito das ER na súa totalidade. No primeiro capítulo realízase unha revisión dos principios teóricos que guiaron a realización deste traballo. Proporciónase unha visión xeral da terminoloxía como disciplina, así como das teorías terminolóxicas imperantes na actualidade. Do mesmo modo, lévase a cabo unha abordaxe dos métodos máis recentes para realizar o traballo terminográfico, isto é, a terminografía baseada en corpus e a terminografía baseada na representación do coñecemento. Por último, efectúase unha caracterización da linguaxe e a terminoloxía biomédicas. O segundo capítulo subdivídese en dous bloques. O primeiro describe os materiais utilizados para a realización deste traballo, especialmente o corpus EMCOR (corpus de enfermidades metabólicas), un corpus comparable en francés e español compilado ad hoc para representar o campo dos EIM. Do mesmo xeito, descríbense os recursos informáticos utilizados para efectuar este traballo. No segundo bloque, dedicado á metodoloxía, descríbese o proceso de documentación, anotación e etiquetaxe do corpus EMCOR, así como os distintos pasos seguidos para extraer información conceptual e terminolóxica do mesmo. Por último, preséntase o proceso de organización conceptual deste ámbito e as dificultades atopadas durante o mesmo. O terceiro capítulo céntrase nos resultados deste traballo. Nel detállanse as distintas etapas seguidas para crear a ontoloxía sobre o subdominio médico dos EIM e para a súa consulta en liña. Do mesmo xeito, descríbese a interface de consulta da base de coñecemento creada, que se denomina ONTERMET. Por último, realízase unha análise terminolóxica do campo dos EIM, que permite obter unha visión de conxunto da terminoloxía propia deste campo. A base de coñecemento terminolóxico froito deste traballo, ONTERMET, pode consultarse gratuitamente en http://www.ontermet.com. A súa creación permitiunos avaliar a utilidade das ontoloxías no desenvolvemento deste tipo de recursos terminolóxicos de base conceptual e estudar as distintas opcións de representación, consulta e visualización do coñecemento recollido, coa finalidade de poder ampliar este recurso nun futuro a todo o campo das ER. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001