Repositorio UVigo

Desenho e aplicação de um projeto de animação sociocultural para desenvolvimento psicoafectivo e sexual numa escola do Ensino Básico e Secundário

Investigo Repository

Desenho e aplicação de um projeto de animação sociocultural para desenvolvimento psicoafectivo e sexual numa escola do Ensino Básico e Secundário

Gomes, Ana Cristina da Silva Rodrigues
 
DATE : 2016-01-19
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/834
UNESCO SUBJECT : 5802 Organización y Planificación de la Educación ; 5802.04 Niveles y Temas de Educación ; 5312.04 Educación
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

O traballo de investigación, de natureza cualitativa humanístico-interpretativa, insérese no ámbito da educación non formal, máis especificamente a animación socioeducativa en medio escolar. Trátase de un estudo do deseño e aplicación dun proxecto de animación sociocultural para desenvolvemento psicoafectivo e sexual, con alumnos /as dunha escola de ensino basico e secundario da cidade de Santarém (Portugal), deseñado e desenvolvido cunha metodoloxía de investigación-acción, por un estagiário e dúas estagiárias (estudantes en prácticas) da Licenciatura en Animación Sociocultural e Educación Comunitaria da ESES - Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Santarém, en colaboración con diversos axentes e actores /actrices educativos/as (docentes, coordinadoras de proxectos, encargados /as de educación), baixo a supervisión da professora e autora desta investigación e a supervisión cooperante de dúas docentes da escola en que o proxecto foi aplicado. Diversos documentos sobre o sistema educativo portugués recomendan a articulación entre a escola e o medio, entre ... [+]
O traballo de investigación, de natureza cualitativa humanístico-interpretativa, insérese no ámbito da educación non formal, máis especificamente a animación socioeducativa en medio escolar. Trátase de un estudo do deseño e aplicación dun proxecto de animación sociocultural para desenvolvemento psicoafectivo e sexual, con alumnos /as dunha escola de ensino basico e secundario da cidade de Santarém (Portugal), deseñado e desenvolvido cunha metodoloxía de investigación-acción, por un estagiário e dúas estagiárias (estudantes en prácticas) da Licenciatura en Animación Sociocultural e Educación Comunitaria da ESES - Escola Superior de Educación do Instituto Politécnico de Santarém, en colaboración con diversos axentes e actores /actrices educativos/as (docentes, coordinadoras de proxectos, encargados /as de educación), baixo a supervisión da professora e autora desta investigación e a supervisión cooperante de dúas docentes da escola en que o proxecto foi aplicado. Diversos documentos sobre o sistema educativo portugués recomendan a articulación entre a escola e o medio, entre diferentes niveis e sistemas de ensino, subliñando a necesidade dunha cultura e dinámica institucionais fomentando o traballo en colaboración con axentes exteriores ás escolas básicas e secundarias, contando con o apoio doutros profesionais e formas de cooperación entre as escolas e outras institucións, nomeadamente da educación superior. A colaboración desenvolvida entre a Escola Superior de Educación de Santarém e a Escola Secundaria Sá da Bandeira, para o desenvolvemento do proxecto, foi considerada pertinente e importante por ambas as partes. O principal propósito do traballo foi estudar potencialidades e retos da integración de animadores/as socioculturais en medio escolar, o tipo de prácticas de animación socioeducativa que sería posible desenvolver en colaboración cos proxectos de educación para a saúde e educación sexual, a partir de espazos de educación menos formais, como é o caso da biblioteca da escola. A investigación vén tras o interese, demostrado por alumnos/as e docentes, así como pola Dirección da Escola Secundaria Sá da Bandeira, pola continuidade do traballo do proxecto piloto que realizamos nesta área, en 2008-2009, con estudantes en prácticas da Escola Superior de Educación de Santarém. Así, os obxectivos do traballo foron: 1) apoiar e supervisar o deseño e a aplicación do proxecto de animación sociocultural, tendo como preocupación o desenvolvemento psicoafetivo dos/as alunos/as de básica e secundaria participantes no proxecto; 2) caracterizar prácticas de animación socioeducativa en medio escolar, en colaboración coas prácticas de ensino dos/as profesores /as da escola, tendo en conta as súas conceções de educación sexual e o Proxecto de Educación para a Saúde e Educación Sexual; 3) comprobar en que medida as familias dos/as alumnos/as serían implicadas no proxecto; 4) caracterizar competencias desenvolvidas polos/as animadores/as socioculturais no marco do seu estadio da Licenciatura en Animación Cultural e Educación Comunitaria. Esta investigación é un estudio de caso, a través do cal se intenta definir o que fixeron os/as animadores/as socioculturais en medio escolar, como e por que interviñeron de determinadas formas, a través da análise de contido con recurso ao programa de apoio á análise cualitativa WebQDA, dos informes de prácticas producidos polos /as estudantes que estagiaram no proxecto e respectivos anexos, incluíndo entre outras fontes de información, as entrevistas de diagnóstico que fixeron ás professoras e funcionaria non docente participantes no proxecto. Formulamos inicialmente as seguintes cuestións de investigación: Sobre o contexto de aplicación do proxecto: Que tipo de prácticas educativas son desenvolvidas pola escola no ámbito da biblioteca escolar e do Proxecto de Educación para a Saúde? Que perceções teñen profesores/as, estagiários/as e alumnos/as sobre o proxecto-piloto?; Que perceções teñen profesores/as, estagiários/as e outros/as participantes no proxecto sobre a biblioteca escolar, o Proxecto de Educación para a Saúde e sobre o que é posible o/as animador/as estagiário/as faceren na escola nestes ámbitos? Sobre as prácticas de animación sociocultural no ámbito da biblioteca escolar e do Proxecto de Educación para a Saúde: Tendo en conta as características do contexto, que actividades desenvolven o/as estagiário/as no proxecto? Que relacións establécense con alumnos/as, con profesores/as, encargados/as de educación e coordinadoras da biblioteca escolar e do Proxecto de Educación para a Saúde? Sobre a avaliación do proxecto de animación sociocultural: que privilexian o/as animador/as estagiário/as na avaliación das actividades e do proxecto? Que pensan os/as alumnos/as nas actividades en que participan? Que pensan professores/as, encargados/as de educación e dirección da escola sobre o proxecto? Sobre os retos do proxecto: Cales son as principais dificultades que o/a estagiário/as senten no deseño e na aplicación do proxecto?; Cales son as principais oportunidades e os principais factores de motivación para desenvolver o proxecto? Sobre as competencias desenvolvidas polo/as estagiário/as: Que competencias desenvólven os/as estagiários/as nas distintas fases de deseño e aplicación do proxecto?; Que aprendizaxes o/as estagiário/as consideran máis significativas? O proxecto de animación sociocultural para desenvolvemento psicoafetivo e sexual foi posteriormente aplicado durante máis un ano, na escola, sendo tamén aplicado, durante dous anos, na outra escola secundaria da cidade de Santarém: a Escola Secundaria Dr. Ginestal Machado. Esta tese non incide sobre esta outra escola, pero a investigación inclúe un estudo cuantitativo, que consistíu no tratamento e análise, co SPSS, das respostas a unha enquisa por cuestionario aplicada aos/ás alumnos/as das dúas escolas secundarias e respectivos/as docentes e encargados/as de educación. Con esta enquisa pretendeuse responder a un conxunto de preguntas que apurámos seren comúns en ambas as escolas. Así, nunha segunda fase, establecéronse as seguintes cuestións de investigación, que máis interesaban os/as participantes no proxecto de animación sociocultural: Encargados/as de educación, profesores/as e alumnos/as teñen coñecemento da lexislación sobre Educación Sexual na escola? Están de acordo coa obrigatoriedade da Educación Sexual na escola? Como avalían a Educación Sexual aplicada na escola? Que concepción da Educación Sexual teñen os/as profesores/as, os/as alumnos/as e encargados /as de educación sobre Educación Sexual? Que percepción teñen sobre quen debe involucrar-se na Educación Sexual na escola? Os/As profesores/as, alumnos/as e encargados/as de educación valoran a biblioteca escolar e os recursos relacionados coa Educación Sexual? Como buscan os/as alumnos/as información sobre Educación Sexual? Os/As profesores/as tiveron ou queren ter formación nas áreas de Educación Sexual e da Biblioteca Escolar? Os/As encargados/as de educación queren ter formación en Educación Sexual? A elaboración dos cuestionarios tivo a participación das coordinadoras dos proxectos de Educación para a Saúde e Educación Sexual, das profesoras bibliotecárias, dos presidentes das asociacións de pais e encargados/as de educación, das enfermeiras que participaron e das psicólogas de ambas escolas. Unha gran parte da produción teórica sobre a natureza dun proxecto de animación sociocultural baséase nos conceptos de necesidades ou problemas. Na fase de diagnóstico, identifícanse necesidades (carencia e privación) e problemas (necesidades insatisfeitas, conflitos de intereses, etc.), búscanse posibles causas para os problemas, defínense se obxectivos segundo os problemas que se pretende resolver ou as necesidades que se pretende satisfacer, e estrutura-se unha estratexia de acción eficiente para conseguir a respetiva resolución ou satisfacción. Non adoptamos esta postura teórica de proxecto de animación, nin entramos na escola para resolver problemas. Privilexiamos unha dimensión relacional da animación inspirada nunha visión de proxecto centrado na creación de relacións entre o/a animador/as estagiário/as, coordinadoras da Biblioteca escolar e do Proxecto de Educación para a Saúde, alumnos/as, profesores/as, funcionarios/as non docentes, encargados/as de educación. Relacións humanas impulsionadoras de accións e situacións educativas diferentes pero complementarias, nun proceso conxunto de expresión creativa e encontro do humano. As prácticas de animación sociocultural neste proxecto poden clasificarse en catro categorías: prácticas orientadas á difusión e creación cultural; prácticas orientadas á expresión e comunicación; prácticas orientadas á dinamización comunitaria; e prácticas orientadas á formación permanente. Houbo tres tipos de prácticas orientadas á difusión e creación cultural asociadas ás seguintes áreas específicas da cultura: literatura, escrita creativa e teatro, escrita creativa e cine. No que respecta á literatura, o/as animador/as estagiário/as interactuaron con toda a comunidade escolar e a súa acción consistiu i) na busca participada dun corpus de obras de literatura xuvenil sobre sexualidade ou con posibilidade de explotación de cuestións relacionadas coa sexualidade; 2) na definición participada de criterios de selección de libros; 3) na selección participada dunha lista de obras e proposta de adquisición para a Biblioteca Escolar pola Dirección da Escola; 4) na exposición de obras literarias e folletos informativos na Biblioteca Escolar, nunha mesa específica dedicada á sexualidade, e respetiva dinamización a través dunha actividade designada O Libro da Semana, que consistía en dar destaque a un libro diferente en cada semana, a través da súa exposición privilexiada e a fixación dun cartel á entrada da Biblioteca Escolar; na creación dunha Mala dos Afectos, tamén exposta na Biblioteca Escolar contendo material informativo sobre sexualidade e pequenos libros. O/As estagiário/as implicaron no proceso de definición de criterios de selección e adquisición de libros a coordinadora da Biblioteca Escolar, unha funcionaria do Centro de Recursos Educativos, a coordinadora do Proxecto de Educación Sexual, unha funcionaria dos Servizos de Acción Social e a docente orientadora da Escola Superior de Educación de Santarém. Puntualmente, tamén difundiron extractos de textos literarios sobre temáticas relacionadas co Educación Sexual en cartolinas que afixaram en varios locais da escola e pequenos fragmentos de papel que espallaron, na Biblioteca, no Centro de Recursos Educativos, sendo o bar da escola o espazo que tivo máis adhesión. En relación á escrita creativa e teatro, o/a animador/as interactuaron con 11 alumnos/as da clase do Curso de Empregado Comercial (CEC), un Curso de Educación e Formación, que participaran no proxecto piloto e demostraron interese en volver a participar, tendo a súa acción consistido en: 1) realización de dinámicas iniciais de presentación; 2) realización de dous encontros con encargados/as de educación para se presentaren e compartiren a proposta de actividades, tendo tamén mostrado un pequeno vídeo do proxecto piloto realizado o ano anterior con esa clase; 3) realización de dez sesións de escritura creativa, adaptación dos textos a pequenas pezas de teatro-debate e realización dos teatros-debate. En canto á escritura creativa e cine, tratouse de unha actividade en réxime voluntario que congregou inicialmente alumnos/as de varias clases de 9.º ano, pero que acabou por ter a participación regular de só sete alumnos/as, todos/as da mesma clase. Desenvolveuse, esencialmente na sala de clase, tendo unha sesión ocorrido no Centro de Recursos Educativos e outra no patio da escola, sempre fóra do horario escolar dos/as alumnos/as e sen a presenza de profesores/as. A acción do/as animador/as consistiu: 1) na concepción e aplicación dunha estratexia que permitise aos/ás alumnos/as de 9.º ano de todas as clases inscribirse na actividade; 2) na recollida das inscricións e na elaboración e envío de cartas de información para os/as encargados/as de educación dos/as alumnos/as matriculados/as e solicitudes de autorización para poderen participar; 3) na recollida das autorizacións e xestión da compatibilidade de horarios de alumnos/as de diversas clases; 4) na realización de dinámicas de presentación; 5) na realización dunha sesión sobre sexualidade e métodos contracetivos; 6) na realización de dez sesións de introdución á creación de argumentos para películas e escrita dun argumento para unha película sobre o amor. Estas actividades implicaron a participación e colaboración de dous estudantes da Licenciatura en Educación e Comunicación Multimedia e un profesor de Artes Plásticas e Multimedia, especialista en vídeo, da Escola Superior de Educación de Santarém. As prácticas orientadas á expresión e comunicación implicaron 75 alumnos/as do 7.º ano e 51 alumnos/as do 8.º ano. Foron realizadas 4 actividades con cada clase. Todas as actividades foron desenvolvidas, na sala de clase (con raras excepcións no patio da escola e no campo de voleibol), en tempos lectivos da materia lecionada polo/a director/a de clase, coa súa presenza nas actividades. As catro actividades consistiron en: 1) dinámicas de presentación; 2) descubrimento de libros e presentación a través das capas dos libros; 3) expresión e compartilla de emocións e sentimentos, seguidas de debriefing para promover a reflexión; 4) conversacións e escrita creativa sobre o amor / enamoramento e as alegrías e tristezas que a xente ten cando ama; 5) produción escrita individual de definicións de Amizade, Amor, Afectos e Sexualidade, e recreación conxunta (da clase) dunha definición para cada palabra desde o que cada un/a escribira individualmente. En canto ás prácticas orientadas á dinamización comunitaria, o/a animador/as impulsaron a relación escola-familia, a través da realización de contactos e reunións coa Asociación de Pais e Encargados de Educación. O diagnóstico realizado polo/as animador/as estagiário/as veu confirmar o que xa se tiña experienciado no proxecto piloto do ano anterior: a ausencia de participación dos/as encargados/as de educación na escola, excepto nos casos de información sobre resultados escolares e/ou comportamento dos/as alumnos/as. Porén, ao contrario do ano anterior, neste proxecto, a creación de relacións e dinamización das relacións entre a escola e a familia acabou por tomar unha dimensión inesperada. A acción do/as animador/as implicou a colaboración máis activa de dous encargados/as de educación membros da dirección da Asociación de Pais e Encargados/as de Educación, que o/as apoiaron na organización e realización dunha reunión con encargados/as de educación para presentación do proxecto, realizada na Biblioteca Escolar, na que estiveron presentes 10 encargados/as de educación, e que resultou na introdución de procedementos que non estaban previstos, pero que o/a animador/as consideraron importantes cara unha relación de confianza cos/as encargados/as de educación. Esta acción consistiu aínda na proposta de organización conxunta dun encontro, tendo dous outros membros da Asociación (ademais dos membros da Dirección) dado ideas e suxestións concretas para o deseño da proposta. A proposta foi aprobada pola coordinadora do Proxecto de Educación para a Saúde e pola Dirección da Escola, pero non se chegou a realizar o encontro por falta de tempo para o organizar. O/a estagiário/as estableceron indirectamente relacións cos/as encargados/as de educación de todos/as os/as alumnos/as anteriormente mencionados/as, a través da elaboración e do envío estándar de follas informativas con sínteses das actividades previamente á súa realización, acompañadas de solicitudes de autorización de participación nas actividades. No caso de dúas clases, foron enviadas as cartas informativas sen a solicitud de autorización porque a dirección clase considerou que non había necesidade de solicitude de autorización. Relativamente ás prácticas orientadas á formación permanente, o/as estagiário/as organizaron e realizaron, no mes de xuño, unha formación dada por unha técnica da Asociación para a Planificación da Familia, sobre Educación Sexual en Medio escolar, para profesores/as e funcionarios/as non docentes, financiada pola Dirección da Escola, na que participaron dezanove persoas, das cales catorce estaban ligadas ao proxecto: un director e cinco directoras de clase, a coordinadora do Proxecto de Educación para a Saúde, a coordinadora e o funcionario non docente da Biblioteca Escolar, a funcionaria non docente do Centro de Recursos Educativos, o/as estagiário/as e respetiva docente orientadora. Estiveron aínda presentes a psicóloga de orientación escolar e catro docentes que non estaban ligados/as ao proxecto. A acción de formación abordou a natureza e características da educación sexual no medio escolar; a lexislación vixente relacionada coa educación sexual no medio escolar; explotou e analizou documentos de orientación sobre educación sexual. Esta acción implicou todo un traballo de sondaxe da necesidade e interese na formación xunto de docentes e non docentes vinculados/as ao proxecto de animación sociocultural, verificación das características da formación e dos respectivos custos para a Escola; presentación dunha proposta de realización da formación á Dirección da Escola, reserva de data e análise da dispoñibilidade das persoas interesadas, contactos coa Asociación para a Planificación da Familia cara axendar a formación despois da aprobación da proposta pola Dirección da Escola; contactos coas persoas inscritas para confirmar a realización da formación, envío de lista de participantes para a Dirección, requisición e organización do espazo de realización da formación e dos materiais necesarios para a formación. Para a formulación cuantitativa do estudio de caso, as unidades de aplicación dos cuestionarios foron as dúas escolas de ensino básico e secundario da cidade de Santarém: a Escola Secundaria de Sá da Bandeira e a Escola Secundaria Ginestal Machado, onde se desenvolveu o proxecto de animación sociocultural para desenvolvemento psicoafectivo e sexual, entre 2007 e 2012. A construción do cuestionario foi un proceso que implicou diversos participantes conforme xa anteriormente referido. A realización de contactos cos/as enquisados e a aplicación dos cuestionarios foi responsabilidade da investigadora, tendo a cooperación das direccións de clase dos 9.º e 12.º anos de escolarización, de profesores/as que lecionavam as disciplinas no momento de aplicación dos cuestionarios e as coordinacións dos departamentos. O universo e cobertura do estudo foi formado por: 1) alumnos/as dos 9.º e 12.º anos dos distintos cursos de ambas escolas. Nun total de 220, alumnos/as do 9.º ano, responderon 190. Nun total de 509 alumnos/as do 12.º ano, responderon 398; 2) encargados/as de educación dos/as alumnos/as do 9.º ano. Nun total de 190 encargados/as de educación, responderon 161; 3) profesores/as dos/as alumnos/as de ambas escolas. Nun total de 222 profesores/as, responderon 180, das áreas seguintes: Artes Visuais, Bioloxía e Xeoloxía, Ciencias Agro-Gandeiras, Economía e Contabilidade, Educación Física, Educación Tecnolóxica, Eletrotecnia, Español, Filosofía, Física e Química, Francés, Xeografía, Historia, Informática, Inglés, Mate-máticas, Portugués, Relixión e Moral. Se puido concluír que houbo de parte da Escola unha gran apertura e apoio ao deseño e aplicación do proxecto de animación sociocultural para desenvolvemento psicoafetivo e sexual, tanto da parte dos órganos de decisión, como dos/as profesores/as, directores/as de clase e funcionarios/as non docentes, que deron valor ao proxecto e encoraxaran continuamente o/as animador/as estagiário/as. Os/As alumnos/as avaliaron moi positivamente o proxecto e o/as estagiário/as recoñeceron ter feito aprendizaxes significativas e e cren que é moi pertinente a acción de animadores/as na escola. Verificouse que non había, na escola, unha cultura de participación dos/ as encargados / as de educación na área de educación sexual. As maiores dificultades prenderonse precisamente coa creación de relacións entre a escola e as familias. A relación foi posible pero difícil e representou un duro traballo de articulación. Nas reunións que o/as estagiário/as organizaron, xurdiron dúbidas sobre a pertinencia da educación sexual na escola, coa percepción xeneralizada dos/as profesores/as de que os/as encargados/as de educación estaban contra a súa implementación. O/A animador/as estagiário/as do proxecto, no sentido de establecer unha relación de confianza coas familias, pasaron a elaborar e enviar cartas informativas de todas as actividades. Algúns/unhas encargados/as de educación suxeriron que se fixesen as cartas com autorizacións de participación nas actividades. Os/as directores/as de clase tiñan opinións diverxentes sobre a necesidade das solicitudes de autorización. Outra conclusión a que se chegou relaciónase coa gran dificultade de realizar actividades regulares e prolongadas no tempo en réxime de voluntariado, fóra do horario das clases, e con alumnos/as de clases diferentes, porque practicamente non teñen tempo libre entre as clases e por ser moi difícil compatibilizar horarios. Na biblioteca escolar foi só posible realizar actividades de difusión cultural porque se trataba dun espazo moi pequeno e con connotacións negativas, pois era a biblioteca que eran enviados/as os/as alumnos/as con mal comportamento. No caso específico da escola, o feito de que o centro de recursos educativos fose nun espazo distinto tampouco axudou ao desenvolvemento do proxecto. O estudo cuantitativo permitiu concluír, entre outros aspectos, que, na globalidade, eran máis os/as alumnos/as, profesores/as e encargados/as de educación que non coñecían a lexislación sobre educación sexual na escola que os/as que a coñecían. Concordan coa educación sexual na escola, pero tres cuartos dos profesores/as e encargados/as de educación afirman pensar que vai haber resistencia á súa implementación na escola. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001