Repositorio UVigo

De Darío a Sofía (1996-2014) : a representación da maternidade nas autoras galegas actuais

Investigo Repository

De Darío a Sofía (1996-2014) : a representación da maternidade nas autoras galegas actuais

Comesaña Besteiros, Maria
 
DATE : 2016-01-13
UNIVERSAL IDENTIFIER : http://hdl.handle.net/11093/838
UNESCO SUBJECT : 6202 Teoría, Análisis y Crítica Literarias
DOCUMENT TYPE : doctoralThesis

ABSTRACT :

A tese analiza as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas, establecendo un período de estudo que comprende do ano 1996, data da publicación do Darío a diario de Xela Arias, e o 2014, ano en que sae do prelo a Maternosofía de Inma López Silva. A maternidade nunha cultura patriarcal preséntase sempre como unha encrucillada, un conflito que paira entre os postulados do feminismo da diferenza e o da igualdade, nun marco que entende a vivencia materna como actividade social, ferreamente controlada polo sistema médico (patriarcal). Así, a maternidade vívese entre epidurais, biberóns, cesáreas e episiotomías, construíndo un discurso do materno que podemos describir arredor de tres eixes centrais: a maternidade fillocéntrica, representada por Xela Arias, cun discurso centrado no fillo; a maternidade negada, tal e como a expresa Emma Pedreira, que incide na sumisión que supón este feito ó estar inserido o corpo nunha sociedade patriarcal; e a maternidade práctica, tal e como a acuña Inma López Silva, seguidora dos postulados do feminismo da igualdade. Ante a dicotomía ... [+]
A tese analiza as representacións da maternidade en autoras galegas contemporáneas, establecendo un período de estudo que comprende do ano 1996, data da publicación do Darío a diario de Xela Arias, e o 2014, ano en que sae do prelo a Maternosofía de Inma López Silva. A maternidade nunha cultura patriarcal preséntase sempre como unha encrucillada, un conflito que paira entre os postulados do feminismo da diferenza e o da igualdade, nun marco que entende a vivencia materna como actividade social, ferreamente controlada polo sistema médico (patriarcal). Así, a maternidade vívese entre epidurais, biberóns, cesáreas e episiotomías, construíndo un discurso do materno que podemos describir arredor de tres eixes centrais: a maternidade fillocéntrica, representada por Xela Arias, cun discurso centrado no fillo; a maternidade negada, tal e como a expresa Emma Pedreira, que incide na sumisión que supón este feito ó estar inserido o corpo nunha sociedade patriarcal; e a maternidade práctica, tal e como a acuña Inma López Silva, seguidora dos postulados do feminismo da igualdade. Ante a dicotomía que presentan estes discursos, a favor ou en contra da maternidade, e sendo esta sempre entendida en función do patriarca, buscamos novas perspectivas no que denomino maternidade telúrica, expresada por Lupe Gómez, sendo esta unha reivindicación da capacidade creadora feminina, polo tanto, non só restrinxida ó eido materno, e a maternidade queer, aquela que constrúe este discurso desde o abxecto do corpo, os fluídos como o costro, o líquido amniótico ou os loquios, que subverten o centro dun sistema empeñado en inmobilizar a maternidade en institución. Desde estas maternidades minoritarias abrimos o abano á expresión de creadoras doutros ámbitos literarios e, tamén, das procedentes da literatura gris. Deste xeito, damos a coñecer novas perspectivas e voces para recuperar as historias das mulleres, o discurso. [-]

Show full item record



Files in this item

Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
2013 Universidade de Vigo, Todos los derechos reservados
Calidad So9001