Show simple item record

dc.contributor.advisorLabandeira Villot, Francisco Xavier 
dc.contributor.advisorLabeaga Azcona, José María
dc.contributor.authorLopez Otero, Xiral 
dc.date.accessioned2016-05-09T08:26:14Z
dc.date.available2016-05-09T08:26:14Z
dc.date.issued2012-12-10
dc.date.submitted2012-09-19
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/11093/179
dc.description.abstractEsta tese ten como obxectivo explorar as razóns para os impostos sobre a enerxía, o seu papel específico nun contexto internacional onde os recursos enerxéticos están distribuídos de forma non homoxénea, e os problemas efectos económicos e distributivos provocados pola súa introdución, cos conseguintes incrementos de prezos da enerxía, nunha economía desenvolvida como é a española. A tese consta de cinco capítulos, incluíndo unha introdución. O segundo capítulo actúa coma un marco xeral da tese e unha visión global das razóns teóricas, cuestións de deseño e aplicacións prácticas dos impostos sobre a enerxía. Tamén proporciona algunhas reflexións sobre a probable evolución futura destes impostos, con algunhas observacións xerais e ilustracións de impostos específicos. O terceiro capítulo estuda o papel dos impostos sobre a enerxía nun contexto internacional onde os recursos enerxéticos están distribuídos de maneira non uniforme e provocan problemas ambientais cando se utilizan. Particularmente, analízase, a través dun modelo de dous períodos, a interacción entre un cártel produtor e un país importador (ou grupo de países) dun recurso natural enerxético, o consumo do cal xera un stock de contaminación que se acumula na atmosfera. Considéranse diferentes contextos, comparando as solucións óptimas en cada caso. Os dous últimos capítulos da tese proporcionan información empírica sobre a reacción dos consumidores de enerxía aos incrementos de prezos da mesma. O capítulo 4 analiza a resposta a curto prazo de distintos tipos de consumidores finais (fogares e empresas) a cambios no prezo da enerxía cando se dispón de datos enerxéticos de alta calidade pero incompletos; mentres que o capítulo 5 analiza a demanda de enerxía para calefacción, tendo en conta que a demanda de enerxía normalmente é unha demanda derivada asociada á compra de bens duradeiros eu consumen enerxía. Para iso, utilízase un modelo de demanda continuo-discreto que contempla esta dobre dimensión da demanda de enerxía (unha decisión discreta de compra de duradeiros que consumen enerxía e unha decisión continua de consumo de enerxí), o que permite obter resultados máis consistentes.spa
dc.description.sponsorshipXunta de Galicia: INCITE08PXIB300207PRspa
dc.description.sponsorshipMinisterio de Ciencia e Innovación: ECO200 9-14586-C02-01spa
dc.language.isoglgspa
dc.rightsAttribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain*
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/*
dc.titleEnsaios sobre demanda e impostos sobre a enerxíaspa
dc.typedoctoralThesisspa
dc.rights.accessRightsopenAccessspa
dc.publisher.departamentoEconomía Aplicada (X06)spa
dc.publisher.programadocEconomía
dc.subject.unesco5312.05 Energíaspa
dc.subject.unesco5301.02 Hacienda Pública (Presupuesto)spa
dc.subject.unesco5308.02 Comportamiento del Consumidorspa
dc.date.read2012-12-10


Files in this item

[PDF]

    Show simple item record

    Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain
    Except where otherwise noted, this item's license is described as Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Spain