Solución tecnolóxica para PREVIN-MAT
RESUMO
Este proxecto realiza a implementación tecnolóxica dun proceso de avaliación cognitiva e matemática de alumnado de idade escolar. Este proceso de avaliación é un estándar utilizado amplamente. Está composto por un conxunto de escalas, que á súa vez están compostas de probas e estas están formadas por exercicios. Un avaliador/a realiza unha avaliación cun alumno/a dirixindo o proceso de realización de todos os exercicios, tendo cada un deles unha mecánica diferente e un conxunto de características de execución e medición dos resultados específico. Os resultados e os datos de execución (como tempo, número de intentos ou número de erros) almacénanse para cada proba de cada avaliación para un posterior cálculo de cualificacións normalizadas para cada alumno/a. Esta ferramenta está construída nunha arquitectura cliente-servidor cun servidor Apache, linguaxe de programación PHP e base de datos MYSQL.