BibliotecaPortal de investigación
es | gl
  • Inicio
  • Contact us
  • Give feedback
  • Help
    • About Investigo
    • Search and Find
    • Submit
    • Intellectual Property
    • Open Access Policy
  • Links
    • Sherpa / Romeo
    • Dulcinea
    • OpenDOAR
    • Dialnet Plus
    • ORCID
    • Creative Commons
    • UNESCO Nomenclature
    • español
    • English
    • Gallegan
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.
All of InvestigoAuthorsTitles Materias Unesco Research GroupsType of ContentsJournal TitlesThis CollectionAuthorsTitlesUNESCO SubjectsResearch GroupsType of ContentsJournal Titles

Depositar

Pasos para depositarSolicitar permiso a una editorialRelated guides

Statistics

View Usage Statistics

Novos sistemas de adquisición de alimentos: unha proposta de clasificación

Simón Fernández, XavierAutor UVIGO; Copena Rodriguez, DamianAutor UVIGO; Rodríguez Amoedo, LucíaAutor UVIGO
DATE: 2010
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/2018
UNESCO SUBJECT: 5312.01 Agricultura, Silvicultura, Pesca ; 5312 Economía Sectorial ; 6311.02 Sociología Ecológica
DOCUMENT TYPE: bookPart

ABSTRACT

O obxectivo deste traballo é sentar as bases teóricas e prácticas para o posterior inventario de experiencias alternativas de consumo de alimentos dentro do Estado español. Desde finais da década dos setenta e principios dos oitenta prodúcense as primeiras críticas e denuncias dos efectos negativos asociados ao novo modelo de crecemento agrícola, a revolución verde. A principios do 90 xorden as primeiras iniciativas de consumo local aínda vixentes que rexeitaban a incipiente tendencia á homoxeneización dos patróns de consumo e á perda do “local”. Na actualidade, no Estado pódense observar unha chea de iniciativas comunitarias e de redes de iniciativas de consumo alternativo, ecolóxico e responsable. Neste traballo reflíctense ideas para iniciar un proceso de inventario que recolla as características básicas e clasifique as Iniciativas do Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (ICERA) existentes en España e permita crear a Base de Iniciativas de Consumo Ecolóxico e Responsable de Alimentos (BICERA). Este carácter instrumental do artigo que presentamos obedece a varias razóns. Cremos que pode ser moi útil para consumidores, produtores, movementos sociais e investigadores na construción dos seus discursos e procesos sociais de supervivencia ao ser posible visionar a globalidade do movemento alternativo, agroecolóxico, do Estado español. Esta visibilización conxunta fortalecerá ás iniciativas individuais. En segundo lugar, é unha mostra da fase construtiva e enunciadora na que se encontra o movemento alternativo, agroecolóxico, español, despois do predominio da fase da denuncia, o que lle concede unha certa madurez que posibilita a súa expansión. Finalmente, ó propiciar a construción colectiva da BICERA contribuiremos á situar os circuítos de información física e social ligada á xestión nun lugar prioritario das nosas axendas2. A BICERA construirase a partir da participación, do intercambio e do acceso libre á información xerada polos axentes que libremente decidan compartir tempo, ideas e procesos. A estrutura do traballo é a seguinte. En primeiro lugar reflexionamos sobre as causas xerais que explican a aparición destas iniciativas dentro do marco da modernización agraria seguida en España nos últimos decenios. En segundo lugar, caracterízase o conxunto das iniciativas agroecolóxicas e proponse unha tipoloxización. A continuación preséntanse os primeiros resultados do proceso de inventariado das ICERA en España e establécense unhas conclusións. Como material anexo incorpóranse dous formatos de enquisa para completar a realización da BICERA.
Show full item record

Files in this item

[PDF]
Name:
SimonFernandez_Xavier_Novos_si ...
Size:
327.5Kb
Format:
PDF
View/Open

Share/ send to

MendeleyZoteroRefworks

El Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo Investigo se difunde en:

University library
Rúa Leonardo da Vinci, s/n
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Location

Information
+34 986 813 821
investigo@uvigo.gal

Accessibility | Legal notice | Data protection
Logo UVigo

INFORMACIÓN
+34 986 812 000
informacion@uvigo.gal

CONTACTO

CAMPUS DO MAR

CAMPUS DE OURENSE
+34 988 387 102
Campus da Auga

CAIXA DE QUEIXAS, SUXESTIÓNS E PARABÉNS

TRANSPARENCIA

CAMPUS DE PONTEVEDRA
+34 986 801 949
Campus CREA

OUTRAS WEBS INSTITUCIONAIS

EMERXENCIAS

CAMPUS DE VIGO
+34 986 812 000
Campus Vigo Tecnolóxico

MURO SOCIAL