BibliotecaPortal de investigación
es | gl
  • Inicio
  • Contact us
  • Give feedback
  • Help
    • About Investigo
    • Search and Find
    • Submit
    • Intellectual Property
    • Open Access Policy
  • Links
    • Sherpa / Romeo
    • Dulcinea
    • OpenDOAR
    • Dialnet Plus
    • ORCID
    • Creative Commons
    • UNESCO Nomenclature
    • español
    • English
    • Gallegan
JavaScript is disabled for your browser. Some features of this site may not work without it.
All of InvestigoAuthorsTitles Materias Unesco Research GroupsType of ContentsJournal TitlesThis CollectionAuthorsTitlesUNESCO SubjectsResearch GroupsType of ContentsJournal Titles

Depositar

Guía de autoarchivo (en construcción)Solicitar permiso a una editorial

Statistics

View Usage Statistics

Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo

Vaquero García, AlbertoAutor UVIGO; Bastida Domínguez, María; Olveira Blanco, Ana
DATE: 2021
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/3346
EDITED VERSION: Centro de Estudios Cooperativos (CECOOP)
UNESCO SUBJECT: 5309 Organización Industrial y Políticas Gubernamentales ; 5902.06 Política Económica
DOCUMENT TYPE: bookPart

ABSTRACT

A Economía Social (ES) caracterizase por un conxunto de principios e valores que a fan un modelo claramente diferenciado doutras entidades de natureza mercantil. A ES debe considerarse como una forma moi diferente de entender as estruturas empresariais tradicionais, en tanto que os obxectivos que persegue levan implícito un leiv motiv que transcende o beneficio para os seus partícipes. En termos xerais, poderíase dicir que os obxectivos e resultados esperados das estruturas produtivas tradicionais subxacen a outros de índole superior para as entidades de ES. Como consecuencia da necesidade de incluír a ES nas axendas políticas, as Administracións Públicas (AA. PP) con competencias neste eido veñen aprobando distintas medidas para o fomento da ES. Cunha contribución estimada superior ao 7 % do PIB, os datos da Xunta de Galicia indican que en marzo de 2021 había en Galicia 1.455 cooperativas activas, 1.463 sociedades laborais, 111 centros especiais de emprego e 13 empresas de inserción laboral (Vaquero e Bastida, 2021). Neste contexto, debe destacarse que incluso durante o ano pasado, no que a economía sufriu gravemente os efectos da pandemia, Galicia foi quen de aumentar en 126 novas empresas de ES. Polo tanto, a análise do marco de desenvolvemento e aplicación das políticas públicas dirixidas a mellorar a actuación e eficiencia das entidades de ES é especialmente importante na súa consideración de motor de desenvolvemento nunha parte substancial da economía galega. O obxectivo deste capítulo é sinalar a importancia das políticas públicas para o desenvolvemento da ES e o asociacionismo. Para iso, e tras esta introdución, o segundo apartado centrase en describir o marco europeo. O terceiro apartado realiza o mesmo exercicio dende a óptica nacional. O cuarto apartado completa a triloxía territorial da ES, analizando a actuación en Galicia, especialmente dende a perspectiva rexional. No quinto apartado descríbese o tecido asociativo de apoio á ES en Galicia. No sexto apartado sinalase un conxunto de recomendacións, para rematar este capítulo coas conclusións.
Show full item record

Files in this item

[PDF]
Name:
2021_vaquero_asociacionismo.pdf
Size:
380.3Kb
Format:
PDF
View/Open

El Repositorio Institucional de la Universidade de Vigo Investigo se difunde en:

University library
Rúa Leonardo da Vinci, s/n
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

Location

Information
+34 986 813 821
investigo@uvigo.gal

Accessibility | Legal notice | Data protection
Logo UVigo

INFORMACIÓN
+34 986 812 000
informacion@uvigo.gal

CONTACTO

CAMPUS DO MAR

CAMPUS DE OURENSE
+34 988 387 102
Campus da Auga

CAIXA DE QUEIXAS, SUXESTIÓNS E PARABÉNS

TRANSPARENCIA

CAMPUS DE PONTEVEDRA
+34 986 801 949
Campus CREA

OUTRAS WEBS INSTITUCIONAIS

EMERXENCIAS

CAMPUS DE VIGO
+34 986 812 000
Campus Vigo Tecnolóxico

MURO SOCIAL