Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego : un percorrido pola ideoloxía
DATE:
2015-10-29
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/423
SUPERVISED BY: Martín Lucas, María Belén

DOCUMENT TYPE: doctoralThesis
ABSTRACT
Esta tese fai un percorrido polo concepto da "ideoloxía" tanto na filosofía como en particular nos estudos de tradución para tentar analizar os usos ou silencios que a rodean. A partir de aí utiliza o marco teórico dos feminismos e as teorías poscoloniais para analizar que intereses priman á hora de utilizar "ideoloxía" como desviación dunha norma, como aspecto que a tradutora debe evitar e, unha vez debullado ese marco, pasa a un debate sobre dous estudos concretos. O primeiro ten que ver coa autopercepción que as tradutoras acaban desenvolvendo debido ao uso e difusión de conceptos patriarcais e imperialistas con respecto á tradución e á interpretación. O segundo analiza tres obras de autoras feministas e poscoloniais traducidas do inglés ao galego dende o punto de vista do tipo de intervencións ideolóxicas que fixeron as súas tradutoras.