Políticas públicas para o desenvolvemento da economía social e asociacionismo
DATE:
2022
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/4505
EDITED VERSION: https://www.cecoop.eu/informes
UNESCO SUBJECT: 5902.06 Política Económica ; 5309 Organización Industrial y Políticas Gubernamentales
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
Introdución. As entidades que conforman a Economía Social (ES) presentan un conxunto de características que posibilitan que o seu funcionamento presente un modelo claramente diferenciado daquelas de natureza mercantil. Como xa indicamos en anteriores edicións deste Informe sobre a ES, estes modelos societarios presentan unha forma moi diferente de entender as estruturas empresariais tradicionais, xa que os seus obxectivos levan implícito un fin que transcende do mero beneficio individualizado para os seus partícipes. Fronte os obxectivos -e resultados- esperados nas estruturas produtivas tradicionais, hai outros que ponderan, en gran medida, a consecución do benestar colectivo para as entidades de ES.