Análise estatística do mercado de aloxamento turístico da provincia de Ourense dende unha nova perspectiva: a análise de datos composicionais
DATE:
2022
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/4823
UNESCO SUBJECT: 5312.90 Economía Sectorial: Turismo
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
O obxectivo principal deste traballo é analizar os datos recollidos na enquisa sobre a utilización das vivendas do uso turístico na provincia de Ourense dende o punto de vista composicional. Despois dun proceso de familiarización cos datos de natureza composicional, realizouse unha análise descritiva das variables que indicaban a repartición do gasto dos e das turistas que tiñan esta estrutura composicional. Na segunda etapa aplicouse un modelo de regresión loxística coa covarianza composicional. Finalmente, recolléronse os datos procedentes de fontes secundarias do Instituto Galego de Estatística para realizar unha análise da evolución temporal dunha serie composicional que representaba o número de persoas viaxeiras mensuais na provincia de Ourense. Os resultados obtidos indican que é recomendable ter en conta este tipo de estrutura de datos para acadar información sobre a repartición ou a interacción entre
as posibles partes.