A represión económica na provincia de Ourense: unha aproximación a partir dos expedientes de responsabilidades civís e políticas
DATE:
2022
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/4833
UNESCO SUBJECT: 5503.01 Historia Local
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
Neste capítulo sintetízanse as principais conclusións relacionadas co estudo das diferentes manifestacións da represión económica no ámbito da provincia de Ourense. Partindo da premisa de que os observatorios locais resultan especialmente útiles para comprobar os efectos das políticas de exclusión sobre o conxunto do corpo social, expomos como obxectivo inicial a elaboración dunha base de datos que nos permitise visibilizar os aspectos esenciais dos procesos de responsabilidades civís e políticas desde o punto de vista cuantitativo, como paso previo para unha análise de tipo cualitativo. No caso de Ourense, este último beneficiouse, por unha banda, da relativa abundancia de fontes e, por outro, da posibilidade de contrastar esta documentación coas bases de datos elaboradas no seo do proxecto con outras xa desenvoltas anteriormente polo grupo HC1 que cobren outras manifestacións represivas, en particular a represión física. Conclúese que a represión económica tivo unha dobre dimensión: desde o punto de vista económico resultou fundamental para o sostemento das frontes bélicas e da retagarda, e desde o punto de vista político acabou por converterse nunha valiosa arma de disuasión e de intimidación que inhibía calquera mostra de desafección.