Análise e modelaxe de opinión sobre o sector enoturístico da provincia de Ourense
RESUMO
O obxectivo principal deste traballo é analizar as opinións realizadas na plataforma Google Maps sobre un conxunto de adegas da provincia de Ourense. Para iso utilizaranse distintas ferramentas estatísticas que nos servirán para facer desde un estudo descritivo básico ata un estudo e unha análise do contidos dos comentarios publicados nesta plataforma. Un primeiro modelo formulado explica a valoración numérica da adega en función da lonxitude do comentario, da súa polaridade e da interacción entrambas. Tamén ao analizar o contido semántico dos comentarios se poden atopar catro grandes grupos de temas tratados: o viño, o trato recibido, aspectos da experiencia ou da visita e outro grupo de aspectos diferentes aos anteriores.