FECHA:
2019
IDENTIFICADOR UNIVERSAL: http://hdl.handle.net/11093/4886
VERSIÓN EDITADA: http://fugaseinterferencias.com/wp-content/uploads/2021/01/Actas-Fugas-e-Interferencias-2018.pdf
MATERIA UNESCO: 6203 Teoría, Análisis y Critica de las Bellas Artes
TIPO DE DOCUMENTO: conferenceObject
RESUMEN
Ao abeiro das particularidades procedementais da arte de acción, e dentro dun determinado segmento da creación contemporánea occidental, a concepción do tempo mudou ata deixar de ser este un mero obxecto de representación ou condición contextual sine qua non para converterse en material artístico por si mesmo, capaz de manter a obra nunha constante fase de realización á par que define o seu contido significativo. Dito acontecer vincúlase a uns modos de facer determinados, nados en disciplinas artísticas tradicionalmente consideradas distintas mais coincidentes na radicalidade, propia dunha estética do performativo, coa que afirman o aquí e agora, nunha procura de realidade que resulta eficiente nun plano formal e, sobre todo, na dimensión relacional que se produce co público espectador.