DATE:
2013
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/704
EDITED VERSION: http://illa.udc.es/rgf/pdf/RGF_14_enteiro.pdf
UNESCO SUBJECT: 5702.01 Lingüística Histórica
DOCUMENT TYPE: article
ABSTRACT
O presente artigo pretende fixar a lectura dunha anotación marxinal do Cancioneiro da Ajuda. A transcendencia desta corrección marxinal é indiscutible porque podemos estar diante da única grafía <lh> (/ʎ/) entre as anotacións de A contemporáneas á copia. Para realizarmos este traballo achegámonos ás distintas interpretacións dos estudosos, revisamos algunhas reproducións de A e comprobamos tamén o orixinal manuscrito. Concluímos o labor filolóxico coa fixación, coidamos que incuestionable, desta pasaxe.