DATE:
2019
UNIVERSAL IDENTIFIER: http://hdl.handle.net/11093/8485
UNESCO SUBJECT: 5902.99 Otras
DOCUMENT TYPE: bookPart
ABSTRACT
[Inicio] Se a vida me houbera dado algo de artista tería claro o meu pequeno
agasallo na honra de Argimiro, unha escultura, unha talla, un cadro, un
poema… O caso é que o destino é teimudo e non podemos xogar a ser o
que non somos. En todo caso seguindo ao modo do artista tentarei perfilar unha loanza de Argimiro ca miña persoal ferramenta diaria dos meus
coñecementos, sempre en constante actualización para manter a forma, e
para impartir como merece o estudantado as materias propias do Grao en
Dirección e Xestión Pública, afíns ao liderado, a dirección e xestión pública
e a ciencia política en xeral. Pois ben, nestas materias falamos moitas veces
en clase das cualidades máis senlleiras nos directivos e superiores, moitas
das cales vou utilizar sen forzamento algún das imaxes para marcar a semblanza do noso benquerido mestre Argimiro. [...]