Buscar e Atopar
- Como podo buscar en Investigo?
- Como funciona a opción "buscar en Investigo"?
- Que é a busca por índices?
- Escribindo no cadro de texto a palabra (ou as primeiras letras) que queremos encontrar e, a continuación, pulsando o botón "Ir".
- Utilizando os enlaces alfabéticos para saltar á sección do índice que contén todas as palabras que empezan pola letra que se pulsou. Por exemplo, para ver os autores cuxo apelido empeza por "m", hai que pulsar o enlace "M".
- Para que serve un botón gris que pon "Autores UVigo" e aparece á dereita no índice de autores?
- Que é a navegación por facetas?
- Que son as materias Unesco?
- Os campos (dous díxitos) son as categorías máis xerais, cada unha das cales comprende, á súa vez, varias disciplinas distintas entre si, pero con características comúns. Exemplo: 22 Física.
- As disciplinas (catro díxitos) agrupan grupos de especialidades. Exemplo: 2206 Física molecular.
- As subdisciplinas (seis díxitos) representan as actividades que se realizan nunha disciplina. Exemplo: 2206.10 Polímeros.
- Como se utiliza o "índice de materias Unesco"?
- Que recolle o índice do "tipo de contido"?
- Como se visualizan os resultados dunha busca?
Existen tres formas de buscar contidos no repositorio: "buscar en Investigo", "buscar por índices" e "navegar por facetas". A opción de "buscar en Investigo" está situada na parte superior dereita da pantalla, mentres que as outras dúas opcións se dispoñen no menú da esquerda da pantalla.
Abonda con teclear no cadro de busca a palabra ou palabras que se desexan buscar e, a continuación, pulsar o botón "Ir". En poucos segundos na parte central da pantalla mostraranse os resultados da busca. Esta opción funciona de modo similar á busca simple de Google, de xeito que tamén se poden utilizar algúns operadores para buscar como o asterisco, os operadores booleanos etc.
Ademais dos resultados, a parte central ofrece a posibilidade de utilizar filtros para afinar a busca inicial: filtros de título, autor, materia Unesco, grupo de investigación, tipo de contido e título de revista. O filtro "título de revista" só é aplicable aos artigos, pero non ao resto de contidos de Investigo.
Esta opción de busca tamén permite escoller as opcións de ordenación dos resultados: número de resultados que se mostran por páxina, criterios de ordenación e presentación en orde ascendente ou descendente dos devanditos resultados.
Consiste en buscar por medio de listaxes alfabéticas de palabras (índices) presentes nalgúns dos metadatos que describen os contidos do repositorio. Existen seis índices: autores, títulos, materias Unesco, grupos de investigación, tipos de contido e títulos de revista. Unha vez elixido o índice polo que se quere buscar, pódese proceder de dúas formas:
Ao premer este botón, o índice convértese nun índice dos autores que pertencen á Universidade de Vigo, de forma que se exclúen os vinculados a outras institucións que, polo feito de figurar como coautores dos traballos, tamén aparecen referenciados en Investigo. Cando se pulsa este botón, substitúese por outro similar que pon "Autores", que, ao ser pulsado de novo, permite volver á situación inicial do índice en que se relacionan todos os autores dos traballos con independencia da institución á que pertencen. Non obstante, no índice de autores xeral, os que corresponden á Universidade de Vigo aparecen identificados coas iniciais "UV" en forma de superíndice. Exemplo: Pérez Martínez, J.UV.
É un complemento da busca que resulta moi útil cando se obtén como resultado un elevado número de ítems. A partir desa busca inicial, a navegación por facetas vai propoñendo diferentes criterios ou "facetas" (ano de publicación, autor, materia Unesco, tipo de documento) cos que se pode ir restrinxindo ou especificando o alcance da busca. A medida que se van pulsando facetas, o menú vai suxerindo outras novas en función dos resultados obtidos.
A navegación por facetas axuda a ir descubrindo os contidos do repositorio na medida en que, a partir dos resultados da busca inicial, suxire solucións de busca non tidas en conta inicialmente pola persoa usuaria.
Trátase dos termos que recolle a Nomenclatura internacional da Unesco para os campos de Ciencia e Tecnoloxía desenvolvida pola Unesco para clasificar as publicacións de carácter científico. Dende 1983 é utilizada en España polo Ministerio responsable da investigación para a ordenación dos proxectos de investigación e as teses de doutoramento. Componse de campos, disciplinas e subdisciplinas que van precedidas duns códigos numéricos de dous, catro ou seis díxitos respectivamente.
Hai que destacar que cando o persoal investigador deposita un traballo no repositorio Investigo, pódelle asignar ata un máximo de tres materias Unesco.
Este índice permite unha consulta xerárquica grazas á expansión e contracción dos campos, disciplinas e subdisciplinas que forman a clasificación Unesco. Para expandir ou despregar unha materia hai que situar o cursor no símbolo [+] e pulsar o botón esquerdo do rato. Para contraela, hai que pulsar o símbolo [-].
Todas as materias preséntanse no índice como ligazóns que cando se pulsan conducen aos ítems que foron clasificados baixo elas. Non obstante, hai casos en que unha materia non ten ningún elemento asociado debido a que non foi utilizada por ningún investigador ou investigadora para clasificar un traballo.
Trátase dun índice que relaciona os tipos de documentos que se conteñen en Investigo: artigos de revista, capítulos ou partes de libros, libros, documentos de congresos, teses de doutoramento… A denominación destes tipos de documentos aparece na súa forma inglesa por esixencias das Directrices OpenAIRE.
Ao realizar unha busca os resultados móstranse na parte central da pantalla nun formato de visualización moi claro constituído por: título, autor, tipo de contido e un último dato que varía en función do tipo de contido de que trata. Nos libros este último dato é a editorial; nas teses, o nome do departamento ou do programa de doutoramento; nos artigos, a revista onde se publicaron; e nos documentos de congresos e reunións científicas, o nome do congreso. Hai un caso singular que é o de capítulos ou partes de libros en que ese último dato é a referencia bibliográfica do libro do que forman parte.
Neste formato de visualización, ao pulsar o título que figura en forma de ligazón preséntase o formato ou rexistro sinxelo do elemento onde xa aparece, de ser o caso, o enlace ao texto completo. Un terceiro formato de visualización, o rexistro completo, permite acceder á totalidade dos metadatos do ítem.