RT Dissertation/Thesis T1 Desarrollo de fortalezas para entrenadores de fútbol desde la Psicología positiva A1 Rivera Matiz, Santiago K1 61 Psicología K1 6106.08 Motivación AB Esta investigación consistiu en estudar os factores que inciden no desenvolvemento do potencial do adestrador como formador integral de futbolistas, dende a psicoloxía positiva aplicada ao deporte. Para isto, se construíu e validou o Cuestionario de Fortalezas Persoais de Adestradores de Fútbol (CFP-EF) dende a perspectiva da psicoloxía positiva; e avaliaronse 551 adestradores de fútbol, o 96,55% homes e o 3,45% mulleres, con idades entre os 16 e os 63 anos (M=35,3; DE=9,64). O traballo desenvolveuse en dous estudos. O primeiro consistiu en construír e validar o cuestionario durante dous estudos pilotos e un análisis factorial exploratorio (KMO=,863) cunha fiabilidade do ,839 e unha varianza explicada polo modelo do 41,2%. Os análises agruparon 27 ítems distribuídos en 4 factores: 9 en debilidades (α=.764), 7 en credibilidade (α=.733), 7 en formación de persoas (α=.711) e 4 en motivación (α=,732). En relación co xénero, os relacionados indican que os adestradores percíbense con maior fortaleza persoal que as adestradoras; con respecto ao atoparse ou non en activo, aqueles que adestran na actualidade considéranse cunha maior fortaleza persoal e mellores formadores de persoas que aqueles que están parados; finalmente, atendendo á experiencia, os que adestraron un ano ou menos considéranse con menor fortaleza persoal ca os que contan con 2 ou máis anos nas bancadas, e os que acumulan 4 ou máis anos, percíbense menos motivados que os que teñen 1, 2 ou 3. Os resultados permiten inferir que a tradición machista do fútbol aínda pesa na autopercepción das adestradoras para considerarse co mesmo potencial persoal que os homes. Por outro lado, a situación de paro nos adestradores, afecta negativamente a forma en como avalían as súas propias fortalezas persoais; contar con al menos un ano de experiencia ten un efecto psicolóxico na forma de autoavaliarse positivamente; e dado que a intensidade da motivación diminúe a partir dos 3 primeiros anos de actividade, suxírese que os adestradores que se esforcen por desenvolver estratexias para aplicar aquelas calidades que a cada un o ou a caractericen, e lle permita espallar no campo o seu talento, así coma identificar e mellorar as debilidades. Así mesmo, discútense os resultados e as limitacións atopadas na investigación, xorden propostas futuras, e coméntanse as implicacións aplicables para favorecer o desenvolvemento de fortalezas persoais nos adestradores de fútbol. YR 2016 FD 2016-01-21 LK http://hdl.handle.net/11093/1507 UL http://hdl.handle.net/11093/1507 LA spa DS Investigo RD 11-sep-2024