RT Book, Section T1 Indicador composto de valoración do desempeño turístico sustentable dos espazos naturais protexidos (ENP) da provincia de Ourense A1 Cid Iglesias, Maria Begoña A1 Gueimonde Canto, Ana Isabel A1 Alvarez Jimenez, Maruxa A1 Area Carracedo, Iván Carlos A1 Diéguez Castrillón, María Isabel A1 Rodríguez López, Nuria A2 Universidade de VigoVicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga K1 5312.90 Economía Sectorial: Turismo K1 5304 Actividad Económica K1 5401.04 desarrollo Regional AB Na meirande parte de análises de desempeño turístico existentes na literatura defínense indicadores baseándose nunha foto fixa, é dicir, nun intre determinado. Para este tipo de indicadores cómpre dispor de tipos de datos que podemos categorizar en sociais, económicos, patrimoniais e de sustentabilidade. Unha vez definidos os indicadores individuais, o obxectivo deste traballo foi obter un indicador composto de valoración global do desempeño turístico sustentable, xunto con outros indicadores que permiten a valoración parcial das diferentes dimensións dese desempeño. Para obter este indicador composto levouse a cabo unha análise de compoñentes principais (ACP), método estatístico que permite simplificar a complexidade dun espazo mostral con moitas dimensións, pero que á súa vez permite conservar a información. recibe o nome de compoñente principal. Este método permite, xa que logo, condensar a información achegada por múltiples variables nunhas poucas compoñentes. Por outra parte, este método de ACP tamén permite a redución de dimensión dun conxunto de datos, eliminando as partes innecesarias. A proposta matemática desenvolvida neste proxecto permite eliminar o efecto subxectivo na construción do índice, achegando unha combinación linear acaída dos distintos indicadores individuais que representan as diferentes dimensións do desempeño turístico sustentable dos espazos naturais protexidos. Deste xeito, introducimos o «gradiente de desempeño turístico sustentable», que permite obter unha ordenación significativa dos espazos. Partindo dunha mostra de datos de tamaño n con p variables, o método de ACP permite atopar un número de factores z < p que explican aproximadamente o mesmo ca as p variables orixinais. É dicir, onde antes se necesitaban p valores para caracterizar cada individuo da mostra, agora bastan z valores. Cada unha destas z novas variables SN 978-84-8158-882-8 YR 2020 FD 2020 LK http://hdl.handle.net/11093/1998 UL http://hdl.handle.net/11093/1998 LA glg NO En E. De Blas Varela (Ed.) Proxectos INOU 2019. Investigación aplicada na provincia de Ourense (9-35) DS Investigo RD 03-oct-2024