RT Dissertation/Thesis T1 A vía detritívora nas cabeceiras dos ríos forestados : o papel dunha especie dominante no ecosistema T2 Detritivorous pathways of forested headwater streams : the role of a dominant species in the ecosystem A1 Garcia Lago, Liliana K1 2413.03 Ecología de Los Insectos K1 2508.08 Limnología K1 2502 Climatología AB Esta tese céntrase no estudo da cadea alimentaria dos pequenos ríos de Galicia que posúen unha elevada cantidade de árbores na ribeira tan característicos dos climas temperados, e nos invertebrados que habitan e se alimentan da materia orgánica dominante nos mesmos, os esmiuzadores. Este traballo abrangue diferentes estudos de campo e de laboratorio levados a cabo para comprobar a importancia desta especie dominante e analizar a influencia da temperatura e calidade de alimentos como factores que controlan o seu ciclo de vida e atributos ecolóxicos, o que consecuentemente podería causar un impacto sobre todo o ecosistema.A presente tese consta dunha introdución ao tema de estudio cunha revisión xeral dos conceptos e teorías ecolóxicas que están detrás deste estudo e describe a liña de investigación seguida ao longo da mesma. Esta primeira parte achéganos ao mundo da ecoloxía dos pequenos ríos forestados, destacando os seus principais compoñentes (é dicir, hábitat, recursos e consumidores) e os principais factores que poden influenciar na súa estrutura e funcionamento. Ademais, inclúe unha ampla revisión bibliográfica, as áreas de estudo, a(s) especie(s) de interese e os principais obxectivos da tese doutoral. A continuación, diferéncianse dúas seccións principais que separan os estudos levados a cabo para a realización deste traballo, en función do nivel de organización ecolóxico. A primeira sección inclúe todos os estudos a nivel de ecosistema e poboación, namentres que a segunda sección inclúe os experimentos a nivel de especie. YR 2012 FD 2012-01-20 LK http://hdl.handle.net/11093/269 UL http://hdl.handle.net/11093/269 LA eng DS Investigo RD 18-sep-2024