RT Dissertation/Thesis T1 Relaciones de competencia intraespecífica y auto-raleo de Mytilus galloprovincialis en sistemas de cultivo suspendido T2 Relacións de competencia intra-específica e auto-raleo de Mytilus galloprovincialis en sistemas de cultivo suspendido A1 Martinez Cubillo, Alhambra Gadea K1 2401.06 Ecología Animal K1 2401.09 Crecimiento Animal K1 2510.92 Acuicultura Marina K1 3105.10 Dinámica de las Poblaciones AB O fenómeno do auto-raleo é unha das poucas proposicións cuantitativas que sobreviven na ecoloxía (Torres et al. 2001). Este feito non se debe tanto á exactitude da descrición do fenómeno como á capacidade para atraer a atención dos ecólogos cara a relación entre talla e número de individuos (Zeide, 1991). O mecanismo de auto-raleo ten sido observado en poboacións de elevada densidade de plantas e animais, como resultado da competencia intra-específica, e xoga un papel importante determinando a dinámica poboacional e a estrutura da comunidade (Westoby 1984, Puntieri 1993, Fréchette & Lefaivre 1995, Marquet et al. 1995, Petraitis 1995, Fréchette et al. 1996, Guiñez & Castilla 1999, 2001, Guiñez et al. 2005).O incremento de tamaño dos individuos dunha poboación acostuma vir acompañado dun incremento nos requirimentos de espazo e alimento. As limitacións de espazo e alimento provocan a aparición de procesos de competencia intra-específica a medida que os individuos medran ocasionando descensos na taxa de crecemento e incrementos na taxa de mortalidade (Héral et al., 1986). O fenómeno de auto-raleo describe a correlación negativa entre o tamaño corporal e a densidade da poboación cando o crecemento dos individuos provoca mortalidade por competencia intra-específica (Westoby, 1984, Weller 1987). O auto-raleo estúdase mediante o seguimento do crecemento de grupos da mesma idade e diferente densidade a través de mostraxes secuenciais no tempo, que son representadas en diagramas biomasa vs. densidade (B-N) ou na súa forma equivalente, masa media dos individuos vs. densidade (m-N). Neste tipo de diagramas podemos observar distintos patróns de resposta o longo do tempo, que leva consigo o incremento de tamaño dos organismos (Fréchette et al., 1996; Alunno-Bruscia et al., 2000). Nun primeiro momento o ecosistema é capaz de soportar un maior número de individuos de menor tamaño e pódese observar un incremento lineal da biomasa ca densidade, o que indica ausencia de competencia e mortalidade inda a elevadas densidades. O incrementarse o tamaño dos individuos, aparece un novo comportamento nos grupos de maior densidade, onde se ralentiza o crecemento indicando a aparición de fenómenos de competencia intra-específica. Por último, os procesos de competencia observados nas poboacións de maior densidade dan lugar á aparición de mortalidade, delimitando a biomasa máxima soportada polo ecosistema a unha densidade determinada, o que denominamos auto-raleo. Estudos anteriores sobre as relacións de denso-dependencia no crecemento e supervivencia en invertebrados sésiles suspensívoros, establecen como factor limitante ó espazo. Nembargante, estudos posteriores evolucionan cara un concepto de interdependencia entre espazo e alimento en organismos bentónicos suspensívoros. Aínda que é un feito que os organismos sésiles non poden separar no espazo nin no tempo os seus requirimentos alimenticios e a súa necesidade para ocupar un sustrato, isto non é razón suficiente para equiparar espazo e alimento (Fréchette & Lefaivre 1990). De feito, a natureza do factor limitante espazo ou alimento poderían levar consigo diferentes consecuencias para (1) a ecoloxía dos organismos (dinámica poboacional) (Schoener 1973, Beddington 1975, Jensen 1987) (2) a relación entre densidade e masa corporal, como revelan as relacións de auto-raleo (Norberg 1988, Fréchette & Lefaivre 1990) (3) xestión do cultivo (Fréchette & Lefaivre 1990), ou (4) estrutura da comunidade (McIsaac & Gilbert 1991).Este concepto levado o cultivo comercial de mexillón en batea permite optimizar as densidades de plantado que maximizan a produción. Existen diferentes formas de maximizar a produción. A través da representación das densidades de plantado fronte a produción total de biomasa na colleita (Total Physical Product, TPP), pódese aproximar unha función de produción (Cobb-Douglas), a partires da cal, ademais da produción total de biomasa, pódese deducir a biomasa media producida por individuo (Average Physical Product; APP) e a produción marxinal de biomasa (Marginal Physical Product; MPP). Este último concepto inclúe o prezo da unidade de plantado introducida e o prezo da unidade de mexillón de colleita obtido, deste xeito podemos calcular dende un punto de vista económico o que supón o incremento de cada unidade de plantado no cultivo. O axuste dos datos de produción total a un modelo Cobb-Douglas pode realizarse incluíndo como único input o capital, que pode ser expresado de xeitos distintos, como densidade ou custe de plantado ou incluíndo o factor traballo, expresado como horas de traballo ou número de traballadores necesarios para o plantado das distintas densidades.O máximo de produción dende o punto de vista da biomasa total producida (TPP) suporía obter o máximo de quilos independentemente da densidade de plantado, mentres que dende o punto de vista da biomasa media producida polos individuos (APP), o máximo encontraríase a baixas densidades onde a taxa de crecemento dos individuos é maior. Por outra banda, maximizar a produción marxinal da biomasa (MPP) suporía buscar o punto no que o incremento no gasto que supón unha unidade máis de plantado non repercute no incremento das ganancias na colleita. En base a todo o exposto, os obxectivos do presente traballo son: Analizar os patróns de competencia intra-específica mediante o estudo do efecto da densidade de plantado sobre o crecemento e as relacións alométricas de Mytilus galloprovincialis en cultivo suspendido. Establecer as relacións de auto-raleo que delimitan a biomasa soportada polo ecosistema, establecendo as principais limitacións (espazo ou alimento) que determinan o tamaño da poboación. Para a realización deste obxectivo é necesario tomar en consideración a natureza gregaria do mexillón e a súa disposición en matrices complexas, a través do estudo da superficie efectiva ocupada. Trasladar estes conceptos sobre a dinámica poboacional de Mytilus galloprovincialis o seu cultivo industrial en batea para optimizar a rentabilidade da produción dende distintos puntos de vista. YR 2012 FD 2012-04-17 LK http://hdl.handle.net/11093/280 UL http://hdl.handle.net/11093/280 LA eng NO PROINSA-CSIC | Ref. 20061089 DS Investigo RD 20-mar-2025