RT Dissertation/Thesis T1 Role of brain monoaminergic systems (catecholamines and serotonin) in feeding behavior and the influence of stress on teleost fish T2 Papel de los sistemas monoaminérgicos cerebrales (catecolaminas y serotonina) en el comportamiento alimentario y influencia del estrés en peces teleosteos A1 Chivite Alcalde, Mauro K1 2401.13 Fisiología Animal K1 3105 Peces y Fauna Silvestre K1 3105.07 Hábitos de Alimentación AB A regulación da inxestión é un dos aspectos máis interesantes a estudar desde o punto de vista da acuicultura a fin de mellorar as prácticas acuícolas e optimizar os rendementos produtivos. Neste proceso interveñen un sistema central regulador do apetito e un periférico, regulador da saciedade. O hipotálamo integra os sinais periféricos e controla a inxestión mediante neuropéptidos orexixénicos (NPY, AGRP) e anorexixénicos (CART, POMC, CRF). Ademais, sábese que os neurotransmisores monoaminérxicos (catecolaminas -noradrenalina, dopamina-, serotonina) modulan a inxestión actuando sobre as neuronas neuropeptidérxicas hipotalámicas. Con todo, a acción das monoaminas na regulación da alimentación é moi ampla, xa que afecta a aspectos tales como o comportamento social e xerárquico, a agresividade, o efecto recompensa do alimento e a propia regulación do apetito e a saciedade. Estudos previos demostraron que as monoaminas exercen unha acción fundamentalmente anorexixénica, establecéndose a participación dalgúns receptores específicos que median as respostas a dopamina e serotonina. Por outra banda, a alimentación organízase rítmicamente no tempo de forma que os peixes adaptan a inxestión a determinados momentos do día, o que engade complexidade á regulación neuroendocrina deste proceso. As situacións que xeran estrés son outro dos condicionantes negativos da inxestión nos peixes. Na resposta de estrés interveñen dous eixos endocrinos (hipotálamo-sistema simpático-células cromafins e hipotálamo-hipófisis-células interrenais) que producen a liberación ao sangue das hormonas catecolaminas e cortisol, as cales desencadean fortes cambios fisiolóxicos e metabólicos. Traballos previos do grupo de UVI no que se desenvolverá a tese doutoral demostraron que as monoaminas cerebrais teñen un papel esencial no inicio da resposta de estrés, podendo actuar sobre os neuropéptidos anorexixénicos para desencadear a inhibición da inxestión. Tamén se hipotetizou que os niveis de cortisol aumentados en situacións de estrés poderían exercer un efecto modulador das aminas cerebrais e do comportamento de inxesta. Con todo, nos peixes falta información de cómo se establecen estas relacións funcionais entre os neurotransmisores monoaminérxicos, o estrés e a regulación do comportamento de alimentación.Tendo en conta estes antecedentes, o obxectivo da presente tese doutoral será o de profundar no papel dos sistemas monoaminérxicos cerebrais na regulación do comportamento alimentario nos peixes teleósteos e na influencia negativa de diferentes tipos de estrés. O plan de investigación inclúe varios obxectivos experimentais que se desenvolverán na troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss) como modelo de peixe teleósteo:• Avaliar a actividade dos sistemas dopaminérxico e serotoninérxico en diferentes rexións cerebrais nos tempos peri-prandiales. Relación con parámetros de estrés• Mediante estudos farmacolóxicos, completar o mapa de receptores serotoninérxicos e dopaminérxicos implicados na regulación da inxestión de alimento en peixes teleósteos• Establecer as bases para o estudo do papel dos sistemas monoaminérxicos no comportamento de recompensa ao alimento. Analizarase a actividade monoaminérxica mediante estímulos condicionados ao alimento, a preferencia por dietas con composicións nutricionais específicas e o efecto de sinais orexixénicas e anorexixénicas mediadas por hormonas periféricas (ghrelina, leptina)• Profundar no papel mediador dos neurotransmisores monoaminérxicos na resposta de estrés e nos seus efectos anorexixénicos. Establecer os tipos de receptores implicados• Aplicación das técnicas de microdiálisis cerebral in vivo para ampliar o coñecemento dos mecanismos básicos que regulan a actividade das neuronas monoaminérxicas en peixes teleósteos YR 2022 FD 2022-02-01 LK http://hdl.handle.net/11093/2993 UL http://hdl.handle.net/11093/2993 LA eng NO Ministerio de Ciencia, Inovación y Universidades | Ref. BES-2017-079708 DS Investigo RD 09-dic-2024