RT Dissertation/Thesis T1 Sobre as formas de tratamento no sur de Galicia e no norte de Portugal: unha visión sociolingüística e contrastiva. T2 Sobre las formas de tratamiento en el sur de Galicia y en el norte de Portugal: una visión sociolingüística y contrastiva. A1 Uruburu Rodríguez, Miren Begoña K1 5705.10 Sociolingüística K1 57 Lingüística AB Esta tese de doutoramento ten como obxectivo realizar un estudo comparativo entre os usos das formas de tratamento no sur de Galicia e no norte de Portugal. Trátase de describir os usos de ditas formas en diferentes ámbitos no galego do sur de Galicia e no portugués do norte de Portugal, observando posibles cambios nos últimos anos. Ademais, preténdese examinar a influencia de diferentes variables sociolingüísticas nos usos dos tratamentos por parte dos falantes das dúas zonas analizadas, e coñecer algunhas crenzas sociolingüísticas que os informantes teñen ao respecto. Para iso, utilizouse unha metodoloxía cuantitativa e cualitativa mediante a realización de entrevistas orais gravadas e enquisas escritas. O presente traballo divídese nos seguintes sete capítulos: No Capítulo 1 preséntase o estado da cuestión sobre as formas de tratamento do galego e do portugués europeo, e o marco teórico. Ao Capítulo 2 corresponden os aspectos metodolóxicos. No Capítulo 3 descríbense cuantitativa e cualitativamente, e de xeito comparativo, os resultados rexistrados en diferentes ámbitos nas entrevistadas realizadas no sur de Galicia e no norte de Portugal. No Capítulo 4 analízase cuantitativamente a influencia das variables sociolingüísticas sexo, idade, nivel sociocultural e cidades vs. vilas nos usos das formas de tratamento por parte dos informantes galegos e portugueses. O Capítulo 5 analiza cuantitativamente os resultados dunha serie de enquisas escritas realizadas no norte de Portugal sobre os usos do pronome ‘você’ explícito. No Capítulo 6 revísanse algunhas crenzas dos falantes entrevistados sobre diversos aspectos relacionados cos usos das formas de tratamento. Y, finalmente, no Capítulo 7 recóllense as conclusións e propóñense futuras liñas de investigación. LK http://hdl.handle.net/11093/5050 UL http://hdl.handle.net/11093/5050 LA glg DS Investigo RD 28-mar-2025