RT Journal Article T1 A desafección do galego no alumnado de Educación Infantil e Primaria do contexto urbano T2 The disaffection of Galician in preschool and primary school students in an urban context A1 Iglesias Álvarez, Ana María A1 Zorelle Pinto, Miriam K1 5701.03 Bilingüismo K1 57 Lingüística AB A través dun estudo lonxitudinal a oito suxeitos, desde os tres aos dez anos de idade, analizamos a influencia dos diferentes axentes de socialización nos procesos de adquisición e uso do galego. Con este fin, realizamos entrevistas semi-estruturadas ás familias e docentes, así como probas de competencia ao propio alumnado. Isto permítenos realizar unha primeira valoración das consecuencias do Decreto do plurilingüismo (79/2010). Os resultados indican un claro retroceso no camiño da normalización lingüística, polo menos no contexto urbano analizado, cun predominio da competencia produtiva en castelán sobre o galego, especialmente na oralidade. Ademais, as crianzas pertencentes a familias galegofalantes acaban restrinxindo o uso do galego a este ámbito, mentres que os de familias castelanfalantes non introducen o galego no seu repertorio lingüístico, nin sequera nas materias impartidas nesta lingua. Polo tanto, non se acada un nivel de bilingüismo mínimo, nin a nivel de competencia nin de uso. PB Revista galega de filoloxía SN 24449121 YR 2023 FD 2023-12-13 LK http://hdl.handle.net/11093/5798 UL http://hdl.handle.net/11093/5798 LA glg NO Revista galega de filoloxía, 24, 45-65 (2023) DS Investigo RD 13-sep-2024