RT Dissertation/Thesis T1 A difusión do patrimonio arqueolóxico no noroeste peninsular: unha análise dos discursos dende a perspectiva de xénero T2 La difusión del patrimonio arqueológico en el noroeste peninsular: un análisis de los discursos desde la perspectiva de género A1 Mouriño Schick, Andrea K1 5505.01 Arqueología K1 5504.05 Prehistoria K1 5705.09 Semiología AB Neste traballo propoñémonos ofrecer unha primeira aproximación á produción discursiva do pasado dende unha perspectiva crítica no eido da difusión patrimonial dentro do marco conceptual da Arqueoloxía Pública e os Estudos de Xénero. Partimos do estudo dos discursos construídos arredor dun pasado concreto, o prehistórico, e nun territorio específico, o do Noroeste Peninsular. O noso propósito principal é profundar na súa xenealoxía para identificar aqueles factores (externos e internos) que condicionan a súa produción e recoñecer os patróns e tendencias discursivas imperantes, así como definir as mensaxes e ideas sobre as que se constrúe a dimensión de xénero, tanto a nivel textual como visual, a modo de diagnose. Do mesmo xeito, analizar e conceptualizar os estereotipos e sexismos instalados, a súa orixe e a súa repercusión na construción da realidade social actual do Noroeste Peninsular. Para iso analizamos os principais formatos culturais e ámbitos estratéxicos da difusión do patrimonio arqueolóxico diferenciando entre recursos dedifusión directa (museos, centros de interpretación e xacementos arqueolóxicos) e recursos de difusión indirecta (libros de texto e manuais universitarios) a través dunha metodoloxía sistemática creada ex profeso fundamentada nas estratexias e ferramentas de análises propias da Análise Crítica do Discurso. Asemade, presentamos dúas propostas de actuación a través das que materializamos os resultados obtidos e integramos a perspectiva de xénero no relato histórico normativo en diferentes contextos educativos (formal e non formal). En definitiva, esta tese postula a necesidade de estudar as formas oficiais de construír o pasado desde unha perspectiva crítica atendendo as súas especificidades territoriais e dimensión social, mais tamén formula algunhas reflexións sobre a construción do xénero nas narrativas patrimoniais, así como da propia praxe arqueolóxica e o seu significado no presente. LK http://hdl.handle.net/11093/6270 UL http://hdl.handle.net/11093/6270 LA glg NO Xunta de Galicia DS Investigo RD 09-sep-2024