RT Dissertation/Thesis T1 Ficcións apropiadas: humor e feminismos nas artes visuais nas últimas décadas T2 Ficciones apropiadas: humor y feminismos en las artes visuales en las últimas décadas A1 Fraga Costa, Sabela K1 6203 Teoría, Análisis y Critica de las Bellas Artes AB As teorías da representación que se elaboraron a partir dos debates sobre a ideoloxía permitíronos entender o papel que desenvolven as prácticas culturais na produción de significados e identidades para o mantemento da orde social. A construción do imaxinario e do simbólico apóiase nun réxime de verdade que xera un gran marco de onde sae unha única forma de comprender e estar no mundo. Nesta análise é imprescindíbel situar á Historia da Arte e os medios de comunicación como compoñentes fundamentais da hexemonía cultural, porque contribuíron a construír de maneira activa as definicións patriarcais da categoría muller e da diferencia sexual mantendo a configuración vixente das políticas sexuais. Grazas ao cambio de paradigma ocasionado nos anos 70 polas teorías feministas demostrouse a relevancia da representación da muller na cultura patriarcal e salientouse a necesidade de comprender o poder radical que ten a súa análise e subversión. Conscientes das implicacións concretas das prácticas de representación nas vidas das mulleres, moitas artistas comezaron a entender a importancia de ter un lugar de enunciación propio e de intervir nese réxime de verdade cunha linguaxe diferente. O humor non só significou para estas artistas a mellor estratexia corrosiva para irromper e cuestionar co absurdo o discurso ideolóxico dominante. Foi tamén un duro proceso de reflexión, identificar malestares e complicidades até poder politizar experiencias “privadas” e liberarse destas a través da risa. LK http://hdl.handle.net/11093/6824 UL http://hdl.handle.net/11093/6824 LA glg DS Investigo RD 11-sep-2024