RT Dissertation/Thesis T1 Os animais vistos polos galegos : análise das expresións figuradas galegas que retratan o mundo animal A1 González Pereira, Andrea K1 5705.03 Lexicografía K1 5705.08 Semántica AB A linguaxe figurada e os refráns representan un dos moitos axentes condutores a través dos que o ser humano expresa a visión do mundo que o rodea. Esta visión pode adoptar formas moi diversas dependendo do “tipo de mundo” que o home perciba e da época na que este se atope. Así, a fraseoloxía serve de base para coñecer ben un pobo e unha cultura, posto que constitúe un reflexo fiel dos modos de vida de cada lugar. As expresións figuradas que quero analizar neste proxecto son aquelas que se forman tomando como referentes os animais que viven ó redor do home. Centrareime naqueles fraseoloxismos e zoomorfismos que ofrezan algún dato sobre a visión que os seres humanos teñen de determinados animais. O interese deste tipo de refráns e expresións metafóricas radica no feito de teren como núcleo das mesmas personaxes sen fala: animais. Estes personaxes, a pesar de non participaren activamente na sociedade, acompañan ó home nos seus traballos cotiáns e ademais son, en moitos casos, amigos fieis do ser humano. Deste xeito é interesante descubrir cal é o retrato que os humanos teñen de cada animal a través das expresións figuradas e dos refráns que eles mesmos constrúen. O meu principal obxectivo é facer unha análise descritiva e explicativa das expresións figuradas e refráns que se constrúen mediante nomes de animais ou termos relacionados con eles para poder estudar, así, a visión que os galegos teñen dos animais a través da linguaxe e, no seu caso, tentar ofrecer unha explicación da motivación desas expresións. Este obxectivo levareino a cabo a través do baleirado de dicionarios e da recolleita de expresións da oralidade, o que me permitirá acadar outro obxectivo: contrastar en qué medida coincide o retrato feito dos animais polos meus informantes no traballo de campo con aquel que xa está fixado na lingua a través das expresións figuradas dos dicionarios xerais e especializados. Por outra parte, os datos que recolla do traballo de campo servirán para saber cales son as expresións recollidas nos dicionarios que permanecen realmente vivas na fala. Deste xeito, poderei ver se o retrato que o ser humano fai dos animais a partir das expresións coincide con aquel que se obtén a partir das opinións dos informantes. Debido á escaseza de publicacións sobre expresións figuradas e refráns que se constrúan con animais na nosa lingua, penso que este é un traballo que pode resultar interesante para introducirnos no comportamento da fraseoloxía animal existente en galego e abrir unha vía de investigación moi pouco desenvolvida no ámbito da lingüística galega. A confección do corpus de traballo pasará por catro fases ben diferenciadas: 1. Elaboración dunha listaxe de nomes de animais e selección dos animais que serán obxecto de estudo ; 2. Elaboración da listaxe de expresións construídas con eses animais ou con termos relacionados extraídas de dicionarios xerais e especializados e da recolleita de expresións da oralidade ; 3. Construción do retrato que os seres humanos fan destes animais a partir das motivacións das expresións seleccionadas ; 4. Elaboración dunha explicación descritiva do significado que ten cada expresión para o ser humano e establecemento dunha serie de pautas que axuden a comprender a relación existente entre o animal da expresión e o contexto no que esta se emprega. O plan de traballo realizarase na seguinte orde: 1. Elaboración da listaxe de nomes de animais ; 2. Realización do baleirado de dicionarios na procura de expresións figuradas e refráns que se formen cos animais seleccionados ; 3. Elaboración dunha listaxe de refráns e expresións figuradas que se formen empregando os animais antes nomeados a partir do traballo de campo realizado con informantes ; 4. Construción do retrato que teñen os galegos dos animais seleccionados previamente a través das expresións figuradas e refráns obtidos no traballo previo. YR 2017 FD 2017-10-23 LK http://hdl.handle.net/11093/853 UL http://hdl.handle.net/11093/853 LA glg DS Investigo RD 15-sep-2024