RT conferenceObject T1 Flag airlines : a identidade gráfica das compañías aéreas desde a perspectiva da marca país T2 Flag airlines : the graphic identity of airlines from a country branding perspective A1 Riobó Villanueva, Benedicto A1 Dafonte Gómez, Alberto A2 Universidade de Santiago de Compostela AB A imaxe dun país é unha suma simplificada dunha longa serie de impresións epercepcións que os públicos teñen sobre el a través de fontes diversas. A xestiónestratéxica de márcaa territorio é unha ferramenta para canalizar ese conxunto deasociacións e informacións de modo que conduzan a unha imaxe de país que seconverta nun activo, debido a que no mercado global os países e territorioscompiten para atraer recursos.Dentro do amplo conxunto de dimensións que conforman unha marca territorio, asempresas xogan un papel destacado en canto a transmisión de valores etransferencia ao seu país de orixe nun proceso de retroalimentación do que secoñece como country of origin effect. As compañías aéreas teñen un papelprotagonista neste escenario debido a que, en moitos casos, teñen fortesvinculacións cos seus países de orixe ben por ser herdeiras dun monopolio estatal,ben por contar cun posicionamento comercial privilexiado nos seus territorios. Ascompañías aéreas son, por definición, un soporte de comunicación internacional namedida en que as súas aeronaves, persoal e servizos teñen presenza en distintospaíses e son vía de chegada preferente para un elevado número de pasaxeiros queasocian inmediatamente a súa experiencia no país coa experiencia coa compañíaque os transportou ata el.Neste texto exploraremos as relacións existentes entre 23 flag airlines europeas eos seus países de orixe a través da análise dos distintos elementos que conforman asúa identidade gráfica corporativa. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/11093/894 UL http://hdl.handle.net/11093/894 LA glg DS Investigo RD 06-oct-2024